Concerto de Ars Anterga na Igrexa de Fátima – Ourense

O vindeiro martes 15 de maio, Ars Anterga actuará na Igrexa de Fátima en Ourense. O concerto dará comezo ás 20:30 horas, e contará co seguinte programa:

Misterios de amor humano e divino

PRIMEIRO MISTERIO

Fanfarria
Dal mio Permesso…………………………..Claudio Monteverdi

SEGUNDO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 5: Quen as coitas
Cantiga de Santa María nº 94: Como Deus fez……………………..Afonso X O Sabio
Praeludium in E-dur BWV 566………………………………………….J.S. Bach

TERCEIRO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 257: Bem guarda Santa Maria
Cantiga de Santa María nº 328: Sabor a Santa Maria…………………..Afonso X O Sabio
Folle è ben che si crede………………………………………………….Tarquinio Merula

CUARTO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 345: Sempr’a Virgem groriosa
Cantiga de Santa María nº 371: Tanto vay Santa Maria……………….Afonso X O Sabio
Tiento de lleno……………………………………………………………..J.B. Cabanilles*

QUINTO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 10: Rosa das Rosas……………………….Afonso X ?O Sabio
Stella Splendens………………………………………..Anónimo (Llibre Vermell de Montserrat)
Si dolce é il tormento…………………………………………..Claudio Monteverdi

* No 300º Aniversario do seu pasamento.

ARS ANTERGA son:
Irma Fernández Alonso (órgano)
Ilduara Perianes Guitián (soprano)
Juan Manuel Vázquez Vázquez (corda pulsada)

Órgano feito por Amezúa e Cia.
Tiorba feita por Knud Sindt.
Vihuela feita por Asier de Benito Guío.

O Cuarteto Hagen en Ourense. Un concerto para lembrar.

Onte, 2 de maio de 2011, o festival Sen batuta agasallounos a todos os amantes da música de cámara cun sensacional concerto do Cuarteto Hagen quen interpretou os cuartetos nº 15 op 132 e nº 12 op 127 de Beethoven.
No coloquio anterior ao concerto, o violinista e grande mestre Rainer Schmidt explicou ao público, que encheu o Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, a situación do autor no momento da composición destas obras, o que estas significaron para el e para o devenir da música así como algúns aspectos do funcionamento e traballo desta estupenda agrupación.
Logo, o concerto foi marabilloso. Un son nítido, unha perfecta sincronización, unha interpretación soberbia. O público puido disfrutar de case dúas horas de ledicia.
Queremos destacar a numerosa presenza de alumnado do CMUS e de estudantes de Bacharelato e ESO co seu profesorado de Música, un dos aspectos, xunto co contacto directo cos intérpretes, que caracterizan este festival e que están a contribuír á mellor formación integral dos nosos xóvenes e que están creando un ambiente musical, un público de base que valore, disfrute e demande máis concertos.
Parabéns a SEN BATUTA.
Cuarteto Hagen

Mañá de Primavera – Frederick Delius

Estamos a piques de estrear a primavera. Buscando e buscando, atopamos Mañá de Primavera, de Frederick Delius, un compositor a descubrir. Este compositor de orixe alemán, que estudiou tarde en Leipzig, que foi gran amigo de Grieg, está influenciado polo Impresionismo e polo Romanticismo tardío.

Disfruten desta mañá case primaveral, unha obra case monotemática, agradable, chea de paz, con fermoso colorido tímbrico e que rezuma amor á natureza.

Atopada unha nova obra de Brahms: Albumblatt

O pasado 15 de xaneiro saltou aos medios a aparición dunha nova obra para piano de Brahms, titulada “Albumflatt”. Esta folla de álbum foi escrita polo compositor alemán en 1853 cando contaba con 20 anos. O achádego realizouno o director de orquestra Christopher Hogwood na biblioteca musical da Universidade de Princeton.

Aquí aparece gravada por Andras Schiff:

Este tema foi empregado por Brahms no segundo movemento do Trío para trompa, violín e piano Opus 40,(no vídeo a partir do minuto 2:56):

Guía didáctica dos instrumentos galegos – Moisés Quintas

Moisés Quintas presenta esta tarde ás 20:00 h. nos locais da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo a súa publicación titulada “Guía didáctica de instrumentos galegos”. O autor mostra unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.