Funcións harmónicas na música de Mozart
Este vídeo que ofrecemos pertence a unha serie que analiza as funcións tonais en obras de Mozart. Empezou co primeiro movemento da sonata para piano K 545:
O estudo evolucionou e atopamos este vídeo, aínda en progreso, sobre o primeiro tempo da sonata K 310.
Cuarteto con piano nº 1 K 478 – Mozart
Unha fermosa obra. Aquí interpretada por Alina Pogostkina (violín), Veronika Hagen (viola), Mischa Meyer (violoncelo) e Jérôme Ducros (piano).
Aquí a partitura:
Sonata nº 16 K 545 Mozart – Terceiro movemento
Para rematar esta sonata, este é o último movemento.
Sonata No. 16, 3rd Movement K. 545 by ClassicMan
Sonata nº 16 K 545 Mozart – Segundo movemento
Un segundo movemento movemento sinxelo, pero moi fermoso e expresivo.
Sonata nº 16 K 545 Mozart – Primeiro movemento
Editado co programa MuseScore aquí temos a partitura do primeiro movemento da Sonata nº 16 para piano de Mozart K 545.
Cuarteto para frauta en Re Maior K 285
Rematemos o ano con moi boa música e excelente interpretación… Por que non finalizar 2011 con música de Mozart? Que veñen tempos difíciles, que vai ser un ano moi duro (sobre todo para os máis necesitados…), que a crise vai durar e que o goberno entrante está a facer todo o contrario do que dixo que ía facer (si é que dixo algo concreto…) Pois a todo isto negativo queremos opoñer a luz e a ledicia que irradia do primeiro movemento; a inspiración, a intensidade e a profundidade no sentimento do segundo movemento e a perfección e galante final de festa do terceiro movemento deste fermoso Cuarteto para frauta en re maior K 285 de Mozart. Esta música ten o poder de elevarnos sobre as nosas preocupacións e fornécenos uns minutos de auténtico goce. A interpretación de Emmanuel Pahud (frauta), Guy Braunstein (violín), Ori Kam (viola) e Olaf Maninger (celo) é extraordinaria.
Poden descargar a partitura aquí.
Primeiro movemento Allegro
Segundo e Terceiro movementos
Mozart, as funcións harmónicas e a sonata 15 para piano
Mozart e as funcións harmónicas é un vídeo no que se mostran as funcións harmónicas no primeiro tempo da Sonata en Do maior de Mozart dun xeito especial… Un vídeo xenial, moi didáctico e orixinal.
Solfeggio in F – Mozart
A misa en do menor KV 427 de W.A.Mozart é unha xoia musical pola súa inspiración, pola súa fondura, polo seu lirismo e polos momentos brillantes e de extraordinaria beleza que nos brinda. É música, MÚ – SI – CA. Pode ser creente ou non creente, pero esta música de Mozart chegará ao fondo da alma, non lle deixará indiferente, ten o inmenso poder de elevarnos cara un mundo marabilloso de sons e sensacións. Se non a coñecen, anímense a entrar neste fermoso mundo.
Inspirándose nesta misa, concretamente no fermosísimo Kyrie, Mozart compuxo un exercicio de solfexo, que nós brindámoslles en versión para clarinete e fagote, para que distingan claramente a melodía…
Das Klinget – A Frauta Máxica – Mozart
Das Klinget é un anaquiño de música de “A Frauta Máxica” de Mozart ben entrañable. A versión aquí ofrecida está realizada para frautas soprano e contralto, carillón e demais PAD. Está transportada a Do maior (o orixinal en Sol Maior). A parte de frauta é moi asequible, tamén os PAD. A parte do carillón resulta máis complicada, pero sempre é posible empregar a partitura como acompañamento… Hai moitas posibilidades.
É posible descargar a partitura en pdf.