Verseto XX – L Boëllmann
Leon Boëllmann foi un compositor francés que dedicou a meirande parte da súa obra ao órgano. Foi nomeado organista titular da igrexa de San Vicente de Paul, en Paris, e tivo á súa disposición un órgano Cavaillé-Coll.
A obra Heures Mystiques é unha escolma de pequenas pezas para órgano ou harmonio con títulos referidos a momentos da misa nos que o órgano tiña un papel importante: entradas, ofertorios, consagracións, comunións, saídas… Tamén ten versetos.
Ofrecemos o Verseto XX, moi sinxelo.
Pange Lingua 5º ton – Bruna
O Pange Lingua de 5º ton de Pablo Bruna (1611-1679) é unha obra baseada no Pange Lingua mozárabe que era moi popular daquela. Soa na man esquerda mentres que a man dereita vai desenvolvendo imitacións entre dúas voces con trocos rítmicos.
Esta partitura é a primeira que edito directamente co programa Lilypond (levoume unha chea de horas).
Formato pdf
Aquí está en Musescore:
Air Suite 3 Bach BWV 1068
En versión para órgano ofrecémoslles a peza tan famosa e popular que J.S.Bach incluiu na súa suite nº 3 para orquestra de cordas: Air de Suite en Re Maior BWV 1068.
Para usuarios de Linux ou que só desexen visualizar ou imprimir sen escoitar esta peza, ofrecémola en formato pdf.