Tag Archives: MuseScore

MuseScore 2

Chegou hai uns meses MuseScore 2. Esta nova versión trae moitas novidades, melloras e correccións de erros. Agora estamos ante un editor de partituras moito máis maduro e preparado para a edición de partituras máis complexas.
As novas características poden lerse nesta ligazón.
Captura de pantalla do MuseScore 2

MuseScore 1.2

O pasado 13 de marzo publicouse MuseScore 1.2, versión na que se solucionan máis de 100 erros, mellora do soporte de XML co que o intercambio con Sibelius ou Finale resulta de maior calidade e unha completa reescritura do módulo que permite compartir as partituras mediante musescore.com

MuseScore 1.1

A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, a correción de máis de 60 erros, perfeccionar a notación de Jazz e incluír scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.

Para descargalo premer na ligazón.

MuseScore 0.9.6

Vén de saír a nova versión do editor de partituras multiplataforma, baixo licenza GNU CPL, MuseScore 0.9.6.

  • WYSIWYG (o que se ve é o que se obtén), as notas escríbense nunha “partitura virtual”
  • Número ilimitado de pentagramas
  • Até catro voces por pentagrama
  • Inserción de notas doada e rápida con rato, teclado ou MIDI
  • Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
  • Importa e exporta MusicXml e ficheiros MIDI estándar (SMF)
  • Código en plataforma independente, ficheiros binarios accesíbeis para Linux, Mac e Windows
  • Disponíbel en 26 linguas
  • Licenza GNU GPL

MuseScore 0.9.5

Vén de saír o novo MuseScore 0.9.5, o editor de partituras de balde para Linux, Windows e, desde agora, para MacOS X.
Hai moitísimas novidades moi interesantes que melloran e enriquecen considerablemente este editor. Ademais, fronte ao seu competidor, Finale NotePad (que agora xa non é de balde), posúe grandes avantaxes: é un programa que aspira a ser completo, é de código libre, está traducido a moitos idiomas (entre eles o galego) e permite unha edición de partituras complexas.

Curso de edición de partituras con MuseScore en Linux Musical

MuseScore é un editor de partituras de balde para linux e windows do que xa falamos hai un tempiño. O programa vai madurando e na próxima versión 0.9.5 aparecerán novidades sorprendentes…
A versión 0.9.4 permite crear partituras con boa calidade… En Linux Musical ofrécennos un curso de edición de partituras empregando MuseScore…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies