Mar302024
Monthly Archives: Marzo 2024
Mar282024
Transcrición da percusión do sketch de Mr. Bean Invisible Drum Kit
Mar272024
Zarabanda – Anónimo S XVIII – Flores de música – Martín y Coll
Esta Zarabanda, de autor anónimo do século XVIII, está recollida no libro Flores de Música que o organista franciscano Martín y Coll recopilou. É unha peza sinxela para iniciarse no mundo do teclado.
Zarabanda por musiescola
Mar272024
Maurizio Pollini – Homenaxe desde Galicia
O excelente pianista italiano Maurizio Pollini vén de falecer o pasado o pasado 23 de marzo de 2024 na súa cidade natal, Milán. A súa técnica posta á disposición da musicalidade e o profundo respecto do intérprete á partitura fan deste lexendario pianista un dos mellores da historia. Xa o anunciou Arthur Rubinstein, presidente do xurado do Concurso Internacional Fréderick Chopin de Varsovia en 1960, con estas palabras: “Este mozo toca o piano mellor que calquera de nós”.
O 14 de novembro de 2014 tocou xunto coa nosa estupenda OSG e a dirección do seu fillo Daniele Pollini o Concerto para piano e orquestra nº 5 op 73 “Emperador” de Beethoven. Deste xeito, pai e fillo dan testemuña da calidade musical desta familia e a gravación constitúe un legado para a historia. A calidade impresionante da gravación realizada polos técnicos da Radio Galega permite incluso escoitar, en diversos momentos, como o pianista canturexa algúns temas mentres toca.
Mar22024
Sinfonía Simple – Benjamin Britten
O compositor británico Benjamin Britten compuxo en 1934 unha obra só para instrumentos de corda, que titulou Sinfonía Simple, na que deu forma definitiva a algúns temas que tiña ideados cando era máis novo. Os seus catro movementos son:
- Boisterous Bourrée: a forma sonata con texturas contrapuntísticas neobarrocas.
- Playful Pizzicato: un scherzo clásico que se toca a fume de carozo, e moi bonito.
- Sentimental Saraband: unha deliciosa peza que soa acanción modal inglesa.
- Frolicsome: un movemento final moi vivo con cambios rítmicos salientables.
Dúas versións:
En directo, pola Orchestre Royal de Chambre de Wallonie dirixida por Jean-Pierre Wallez:
Coa partitura:
Mar22024
Nova páxina de Un Rato no Tubo
A Asociación de Amigos do Órgano Un Rato no Tubo vén de actualizar a súa páxina web e un novo enderezo.
O novo enderezo é: https://unratonotubo.org