MuseScore 1.1

A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, a correción de máis de 60 erros, perfeccionar a notación de Jazz e incluír scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.

Para descargalo premer na ligazón.

Frescobaldi:Lilypond para KDE

Frescobaldi é un aplicativo que axuda moito na edición de partituras con LilyPond. Está deseñado para o ambiente de escritorio KDE, que se emprega con Linux, pero que tamén se pode usar con Windows ou MacOS, unha vez instalado previamente o escritorio en cada un deses sistema operativos.

A medida que se vai escribindo o código da partitura, Frescobaldi posibilita a súa visualización inmediata. Tamén facilita a edición coa sintaxe coloreada, o autocompletado de etiquetas,  axuda coa plantillas que posúe…

Imaxe de Frescobaldi

Está traducido, entre outros idomas, a castelán e galego.

Harmony Assistant

Harmony Assistant é un interesante editor para Windows e MacOS con boa relación prestacións/prezo. É salientable o módulo de voz para escoitar as partituras vocais. A casa Myriad posúe unha excelente ferramenta chamada PDFtoMusicPro que interpreta a música contida nun ficheiro pdf, non sobre pdf feitos a base de imaxes escaneadas. Tamén exporta o contido do pdf a formato xml, co que se pode abrir en calquera editor profesional de partituras.

NtEdit – Sucesor de Noteedit

NtEd é o novo sucesor de Noteedit para Linux desde que este quedase na versión 2.8.1 NtEd atópase en plena fase de desenvolvemento. Baséase na nova libraría gráfica Cairo que permite traballar en modo WYSIWYG. Cada vez vai ofrecendo máis prestacións. Dentro de poucas datas estará traducido ao Galego.