Category Archives: Partituras de Bach

Invención nº 13 – Bach

As invencións a dúas e tres voces de Bach son obras moi apropiadas para o traballo na interpretación contrapuntística.
Ofrecemos a partitura da Invención nº 13, a dúas voces.
Invención XIII by musiescola

In Dulci Jubilo

É Nadal… Hoxe, en moitas partes do noso planeta a ledicia invade a vida das persoas; noutros moitos lugares, a miseria, a guerra, a intolerancia, o deprezo polos dereitos humanos… son constitutivos do clima humano que se respira… Son as contradicións deste mundo que nos toca vivir.

Esta música que hoxe traemos aquí está chea de ledicia e, tamén, de esperanza. A melodía sobre a que a peza está construída data de 1533. É unha versión de Mike Oldfield da melodía de Nadal In dulci Jubilo. No vídeo, amósase a un xoven músico que toca todos os instrumentos.

J. S. Bach tamén empregou frecuentemente este tema. Ademais de versións para órgano, compuxo unha peza vocal, o Coral BWV 368 titulado In Dulci Jubilo, onde podemos apreciar o impresionante traballo harmónico do compositor. Comparando as dúas composicións, comprobaremos os cambios na linguaxe musical, froito da estética de cada época:

In dulci Jubilo BWV 368 by musiescola

Bach versionou esta melodía do coral para órgano en varias ocasións. No seu “Pequeno libro de órgano” realizou o coral BWV 608. Aquí aparece interpretado polo organista Szliard Kovacs:

Variacións Goldberg – Variación 1 – Bach

As Variacións Goldberg é unha obra que todo concertista de instrumento de tecla debería afrontar ao longo da súa carreira. Hai moitas versións e interpretacións.

Ofrecemos a partitura da Variación 1

Air Suite 3 Bach BWV 1068

En versión para órgano ofrecémoslles a peza tan famosa e popular que J.S.Bach incluiu na súa suite nº 3 para orquestra de cordas: Air de Suite en Re Maior BWV 1068.

Para usuarios de Linux ou que só desexen visualizar ou imprimir sen escoitar esta peza, ofrecémola en formato pdf.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies