In Dulci Jubilo
É Nadal… Hoxe, en moitas partes do noso planeta a ledicia invade a vida das persoas; noutros moitos lugares, a miseria, a guerra, a intolerancia, o deprezo polos dereitos humanos… son constitutivos do clima humano que se respira… Son as contradicións deste mundo que nos toca vivir.
Esta música que hoxe traemos aquí está chea de ledicia e, tamén, de esperanza. A melodía sobre a que a peza está construída data de 1533. É unha versión de Mike Oldfield da melodía de Nadal In dulci Jubilo. No vídeo, amósase a un xoven músico que toca todos os instrumentos.
J. S. Bach tamén empregou frecuentemente este tema. Ademais de versións para órgano, compuxo unha peza vocal, o Coral BWV 368 titulado In Dulci Jubilo, onde podemos apreciar o impresionante traballo harmónico do compositor. Comparando as dúas composicións, comprobaremos os cambios na linguaxe musical, froito da estética de cada época:
In dulci Jubilo BWV 368 by musiescola
Bach versionou esta melodía do coral para órgano en varias ocasións. No seu “Pequeno libro de órgano” realizou o coral BWV 608. Aquí aparece interpretado polo organista Szliard Kovacs:
Variacións Goldberg – Variación 1 – Bach
As Variacións Goldberg é unha obra que todo concertista de instrumento de tecla debería afrontar ao longo da súa carreira. Hai moitas versións e interpretacións.
Ofrecemos a partitura da Variación 1
Tocata e fuga re menor – Bach – Quinteto metais
Unha nova versión da popular Tocata e fuga en re menor de J. S. Bach. Esta vez en forma de quinteto de metais a cargo de Canadian Brass. Unha espectacular interpretación non só pola súa variedade tímbrica senón tamén magnífica técnica que amosa o grupo tanto individual como colectivamente. Á vez, este vídeo serviría para traballar dun xeito activo os instrumentos de vento metal.
A cantata do café – Bach
E seguimos con… Bach. A cantata do café BWV 211 preséntanos unha aria cunha melodía con baixo continuo, soprano e frauta traveseira… É coma se fose un dúo entre a voz e o instrumento de vento madeira.
A marimba e … Bach
A marimba é un instrumento idófono, de percusión, con láminas. É un instrumento de son afinado e polifónico. As súas láminas son de madeira e cada lámina posúe un tubiño afinado na mesma nota que constitúe a caixa de resonancia e amplifica o son.
Neste vídeo, o intérprete toca unha transcrición do Air da Suite nº 3 BWV 1086 de Bach. Nesta interpretación de Rudi Bauer escoitamos unha magnífica lectura da música de Bach e unha grande musicalidade.
Bach e o cacarexo das pitas
Neste mundo hai de todo… menos mal!
Se queren coñecer a posible relación entre o cacarexo das pitas e a música de Bach, lean esta nova.
Musicograma da Tocata e fuga en re menor – Bach
Un musicograma animado, baseado sobre todo na altura e na discriminación dos diferentes temas e voces con diferentes cores, aporta unha nova visión a esta partitura: Tocata e fuga en re menor:
Unha melodía magnífica… de Bach
O Concerto nº 5 para clave e orquestra de J.S.Bach BWV 1056, no seu Adaxio, encerra unha sublime melodía perfectamente realzada polo pizzicatto da corda. Aquí ímolo escoitar na versión para piano, non no orixinal, porque nos tempos de Bach os instrumentos de tecla importantes eran o clavecín e o órgano.
Queremos destacar tamén o traballo do pianista canario Iván Martín, co seu proxecto Bach.
Bach… outra vez!
Si, outra vez… Bach. Agora nas voces dos King’s Singer interpretando “Deconstructing Johann“. Ademais, cos subtítulos en Castelán. ¡Xenial!
Air Suite 3 Bach BWV 1068
En versión para órgano ofrecémoslles a peza tan famosa e popular que J.S.Bach incluiu na súa suite nº 3 para orquestra de cordas: Air de Suite en Re Maior BWV 1068.
Para usuarios de Linux ou que só desexen visualizar ou imprimir sen escoitar esta peza, ofrecémola en formato pdf.