Instrumentos de vento madeira

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Recursos

Grazas a Marián Domínguez, podemos disfrutar e aprender dun xeito entretido os principios sobre os que se constrúen os instrumentos de vento madeira así como as súas características máis importantes. Chama a atención o tí­tulo: De que cor son os ventos.

Variacións e fuga sobre un tema de Purcell Op 34 – Britten

Benjamin Britten concebiu esta peza orquestral, tamén coñecida como “Guía da orquestra para a mocidade” cun fin didáctico: amosar as familias e cada un dos instrumentos que compoñen a orquestra. Para isto tomou un tema de Henry Purcell e escribiu a partir del unhas variacións e unha fuga.
É unha obra de escoita fundamental para a educación musical da mocidade. Na páxina deste vídeo temos unha axuda para identificar as diferentes familias e instrumentos. A WDR Sinfonieorchester dirixida por Jukka-Pekka Saraste interpreta esta obra:

Mozart por Osvaldo Cavandoli

Nosvemosenelblog amósanos un estupendo ví­deo realizado polo debuxante italiano Osvaldo Cavandoli no que nos ofrece a súa versión da Sonata KV 545 en do maior de W.A.Mozart, nos seus dous primeiros tempos. É unha delicia. Grazas, Marian, polo túa incesante procura de recursos e por compartir os resultados con todos…

A marimba e … Bach

A marimba é un instrumento idófono, de percusión, con láminas. É un instrumento de son afinado e polifónico. As súas láminas son de madeira e cada lámina posúe un tubiño afinado na mesma nota que constitúe a caixa de resonancia e amplifica o son.

Neste vídeo, o intérprete toca unha transcrición do Air da Suite nº 3 BWV 1086 de Bach. Nesta interpretación de Rudi Bauer escoitamos unha magní­fica lectura da música de Bach e unha grande musicalidade.

Frauta doce subcontrabaixo

Así coma no órgano, existe un rexistro grave chamado Subbaixo, tamén na familia da frauta doce, pódese contruír e empregar a frauta subcontrabaixo. Vexan o seguinte vídeo no que se presenta este instrumento, afinado a 432, é dicir, case un semitón menos ca a afinación actual, propio da música antiga:

O Theremin

O Theremin foi o primeiro sintetizador da historia. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas anteas. A da esquerda (desde o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man baixa o volume e se a alonxas, sobe). A da dereita é unha antea vertical na que se controla a frecuencia (a altura do son): se achegas a man, aumenta a frecuencia (máis agudo) e se alonxas a man, diminúe a frecuencia (máis grave).

Poden comprobalo neste vídeo: