Category Archives: Partituras Haendel

Sarabanda da Suite en Sol menor HWV 432 – Haendel

Esta Sarabanda en sol menor pertence á Suite nº 7 HWV 432 de Haendel. Ten forma binaria reexpositiva con dúas seccións, de diferente duración. Predomina a textura homofónica con algunha ornamentación na melodía.
sarabanda_sol_Suite432 by musiescola

Sarabanda en mi menor – Haendel

Esta fermosa Sarabanda de Haendel en mi menor posúe un engado peculiar: primeiro semella bastante cromática, mais na segunda parte, cando vai a sol maior, parece simplificarse ata regresar á tonalidade principal.

Sarabanda mi menor – Haendel by musiescola

Minueto da II Suite – Música Acuática – Haendel

Na segunda Suite de Música Acuática, Haendel compuxo un minueto, tranquilo, como destinado a acompañar un momento de calma, quizais unha comida ou unha sobremesa. Esta versión do Minueto II en sol menor é un arranxo para frautín e cordas.

Minueto II Suite Música Acuática – Haendel by musiescola

Impertinence – Haendel

Esta partitura para instrumento de tecla titulada Impertinence HWV 494, de Haendel, constitúe un bo exercicio para iniciarse na arte do contrapunto a dúas voces en mans separadas.
Impertinence HWV 494 – Haendel by musiescola

Pasacaille suite en sol menor – Haendel

Este Pasacaille, forma musical baseada nun obstinato sobre o que se realiza unha serie de variacións, pertence á Suite en sol menor nº 7 HWV 432 de Haendel para clave. Desde un punto de vista didáctico supón un exemplo moi claro para apreciar as características desta forma musical. Desde o punto de visto do estudo dos instrumentos de tecla (clave ou piano) posúe variedade técnica pois combina momentos contrapuntísticos con melodía acompañada, escalas, arpexios, paso de polgar…

Sarabande re menor – Haendel

Esta famosa Sarabande en re menor, pertencente á suite para clave na mesma tonalidade composta por Haendel, é unha famosa obra que ten aparecido como banda sonora dalgunha película.
O procedemento da variación está moi presente nesta composición. Hai que recoñecer que Haendel era un mestre deste recurso compositivo. Non resulta pois raro que outros dous mestres da variación posteriores no tempo, Beethoven e Brahms, estudasen esta música.

A sarabanda en formato pdf

Chacona con variacións – Haendel

A Chacona e a Passacaglia son dúas formas musicais propias do Barroco baseadas no procedemento compositivo chamado variación. A diferenza principal entrambas é que a Passacaglia soe estar en modo menor.
A Chacona con variacións é unha interesante peza para instrumentos de tecla de Haendel que comeza coa exposición dun tema e 10 variacións do mesmo.

Fugueta nº 3 – Haendel

Seguindo coa publicación das “Seis Fuguetas” de Haendel, agora imos coa número 3, unha pequena peza en Re Maior con algúns momentos inspirados.

Para descargar a versión en pdf, premer nesta ligazón

Fugueta 1 – Haendel

As Seis fuguetas de Haendel poden constituir un bo material para iniciarse e traballar o estilo contrapuntí­stico dun xeito agradable.

Fugueta nº 1 por musiescola

Aquí en versión pdf.

Sarabanda da Suite en Sol menor – Haendel

Esta sarabanda da suite en sol menor de Haendel non é tan famosa como algunha outra, mais amosa que Haendel tiña ben dominada esta forma musical propia das suites barrocas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies