Finale da Sinfonía nº 54 Haydn
A Sinfonía nº 45 de Haydn presenta un Finale cun carácter reivindicativo. A obra foi escrita para o príncipe Nikolaus Estherházy, nunha época na que os músicos permaneceron moito tempo no pazo de verán en Eszterháza. Dado que os músicos querían voltar a casa coa súa familia, Haydn compuxo o último movemento, no adaxio final, de tal xeito que cada músico deixa de tocar, apaga a súa candea e vaise… vanse pouco a pouco ata que ao final só quedan o propio Haydn e o concertino da orquestra tocando coa sordina. A mensaxe foi captada polo príncipe e os músicos puideron, ao rematar o concerto, volver a casa.
Versión de Giovanni Antonini coa agrupación Il Giardino Armonico:
Sonata nº 59 Mi bemol maior – Haydn
Esta sonata de Haydn amosa unha grande madurez na composición para música de tecla. Para nós, musicalmente esta sonata está preto dalgunhas sonatas de Beethoven. Atención ao Adagio Cantabile, todo un exemplo de inspiración e de estrutura ternaria.
A interpretación de Alfred Brendel é maxistral.