Category Archives: Tecnoloxía Informática

KDE – Minuet

Un proxecto que recentemente acaba de ver a luz é o KDE – Minuet, un programa de educación musical e auditiva desenvolvido dentro do escritorio KDE con tecnoloxía Qt, polo tanto podémolo atopar nas diferentes distribucións Linux, tamén dispoñible para Android, a través de Google Play. O programa vai collendo cada vez novas características e os desenvolvedores, Sandro Andrade e Ayush Shah, prometen dedicación e esforzo.

Aquí unhas instantáneas:

Fontes:

Sandro Andrade

MuyLinux

MuseScore 2

Chegou hai uns meses MuseScore 2. Esta nova versión trae moitas novidades, melloras e correccións de erros. Agora estamos ante un editor de partituras moito máis maduro e preparado para a edición de partituras máis complexas.
As novas características poden lerse nesta ligazón.
Captura de pantalla do MuseScore 2

MuseScore para Android

Acaba de seren publicado a versión para o sistema Android do editor de partituras MuseScore, MuseScore Player. Xa había desde hai tempo unha versión para Ipad. A versión para Android era moi esperada polos usuarios de tabletas e móbiles con este sistema operativo.

Frescobaldi 2.0.8

Xa está publicada a nova versión de Frescobaldi, a 2.0.8. A lista de novidades pódese consultar nesta ligazón.

Frescobaldi 2.0.6

Acaba de publicarse Frescobaldi 2.0.6. Hai novas funcionalidades como o pregado e despregado de bloques de texto ou a posibilidade de abrir ficheiros na mesma xanela ao lanzar documentos desde o explorador de ficheiros e tamén correccións de erros detectados en versións anteriores. Lembramos que funciona con KDE4 e que hai un instalador para Windows.
Editor Frescobaldi

MuseScore 1.2

O pasado 13 de marzo publicouse MuseScore 1.2, versión na que se solucionan máis de 100 erros, mellora do soporte de XML co que o intercambio con Sibelius ou Finale resulta de maior calidade e unha completa reescritura do módulo que permite compartir as partituras mediante musescore.com

MuseScore 1.1

A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, a correción de máis de 60 erros, perfeccionar a notación de Jazz e incluír scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.

Para descargalo premer na ligazón.

Frescobaldi 2

Frescobaldi 2 é un editor de partituras que facilita o traballo con Lilypond. Nesta versión, ademais de estar dispoñible para KDE, publícase un instalador completo para o sistema operativo Windows. A versión para MacOS X xa está planeada.
Páxina para descargar
Frescobaldi 2 en Windows

Frescobaldi:Lilypond para KDE

Frescobaldi é un aplicativo que axuda moito na edición de partituras con LilyPond. Está deseñado para o ambiente de escritorio KDE, que se emprega con Linux, pero que tamén se pode usar con Windows ou MacOS, unha vez instalado previamente o escritorio en cada un deses sistema operativos.

A medida que se vai escribindo o código da partitura, Frescobaldi posibilita a súa visualización inmediata. Tamén facilita a edición coa sintaxe coloreada, o autocompletado de etiquetas,  axuda coa plantillas que posúe…

Imaxe de Frescobaldi

Está traducido, entre outros idomas, a castelán e galego.

10 sitios para descargar de balde efectos de son

Excelente artigo de Iván Lasso en Genbeta no que se presentan 10 sitios de onde descargar de balde efectos de son, en formatos variados, apropiados para traballos multimedia.
Este artigo completa estoutro artigo anteriormente editado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies