Danzas do mundo

Xoves, 6 de Xaneiro de 2011 Sen comentarios

A profesora Begoña Rodríguez está a recoller no seu blogue «Danzas del mundo» unha chea de danzas, polo de agora leva 61. En cada danza ofrécese un vídeo coa mesma e unha ficha para a explicación técnica. Pódese descargar a música correspondente.
Begoña, grazas por compartir o teu traballo.

Tamén posúe moita información interesante a páxina «Danzas del mundo» de Ángel Zamora, autor de varias publicacións sobre o tema.

Categorías: Recursos Etiquetas:

O Crebanoces – Conto en vídeo

Martes, 4 de Xaneiro de 2011 Sen comentarios

Da man de MusicaEduca, coñecemos a existencia deste vídeo-conto sobre O Crebanoces de Tchaikovsky, creado por Eva Alonso, coas ilustracións de José Rubio Malagón e a factura ténica de Ismael Pantaleón.

Categorías: Música para escoitar, Recursos Etiquetas:

O tema de Nokia, unha fuga e máis

Domingo, 2 de Xaneiro de 2011 Sen comentarios

Hai tempo que tratamos este tema. Agora, ímolo actualizar e enriquecer…

Os teléfonos Nokia popularizaron unha melodía que, utilizada de xeito predeterminado, soou e aínda soa en moitos dos seus terminais. Esta melodía está extraída do Grande Valse para guitarra de Tárrega. Neste vídeo, a primeira vez que se escota o tema é no segundo 15.



Inspirándose na técnica compositiva do contrapunto e fuga, ao xeito de Bach, o compositor Vincent Lo presenta a Fuga Nokia op.31, que ten como tema esas poucas notas. Comproben o que o tema pode dar de si…:

O pianista Marc-André Hamelin tamén realizou os seus experimentos e compuxo o Valse Irritation d’après Nokia, unha pequena peza que escoitamos e da que podemos ver a partitura:


Categorías: Música para escoitar Etiquetas: ,

Papel pautado

Xoves, 30 de Decembro de 2010 Sen comentarios

Un interesante recurso para configurar en liña e descargar e imprimir unha folla de papel pautado, con varias posibilidades, é a característica principal deste sitio chamado BlankSheetMusic.

Categorías: Recursos Etiquetas:

A vida musical en Cerdedo (Pontevedra) entre 1850-1950

Venres, 10 de Decembro de 2010 Sen comentarios

Un estudo realizado por Manuel Campos Toimil, da Asociación Cultural Os Abrentes, sobre a vida musical no concello de Cerdedo (Pontevedra) vén de publicarse baixo o título As bandas de música de Cerdedo.
Máis información.

Categorías: Xeral Etiquetas:

Na punta do pé – Pedeslán

Mércores, 8 de Decembro de 2010 Sen comentarios

A Editorial Kalandraka vén de presentar no Culturgal o libro Na punta do pé, que contén ademais un CD e un DVD coas músicas, as partituras, os esquemas rítmicos e as coreografías, gravadas en vídeo para aprendelas máis doadamente. Este interesante traballo corre a cargo do grupo Pedeslán. A música e as danzas pertencen ao patrimonio galaico-portugués.

Neste vídeo pódense ver detalles do proxecto.

Categorías: Recursos, Xeral Etiquetas:

O cuco no fondo do bosque – musicograma

Domingo, 5 de Decembro de 2010 Sen comentarios

Presentamos un estupendo musicograma realizado por Javier Olivas e Amparo Rueda sobre O cuco no fondo do bosque de O carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns. Está publicado en audioblogmusical.

Categorías: Recursos Etiquetas:

Frescobaldi:Lilypond para KDE

Domingo, 5 de Decembro de 2010 Sen comentarios

Frescobaldi é un aplicativo que axuda moito na edición de partituras con LilyPond. Está deseñado para o ambiente de escritorio KDE, que se emprega con Linux, pero que tamén se pode usar con Windows ou MacOS, unha vez instalado previamente o escritorio en cada un deses sistema operativos.

A medida que se vai escribindo o código da partitura, Frescobaldi posibilita a súa visualización inmediata. Tamén facilita a edición coa sintaxe coloreada, o autocompletado de etiquetas,  axuda coa plantillas que posúe…

Imaxe de Frescobaldi

Está traducido, entre outros idomas, a castelán e galego.

Ronde – Susato

Venres, 26 de Novembro de 2010 Sen comentarios

Esta partitura de Susato, aquí chamada Ronde, é un bo exercicio para practicar o si bemol na frauta soprano. Aquí en formato pdf.

Unha vez dominada a parte de soprano poderíase interpretar co conxunto de frautas, a modo de acompañamento

Semana de Santa Icía 2010 no CMUS de Ourense

Domingo, 21 de Novembro de 2010 Sen comentarios

O grupo Ars Anterga intervirá na Semana Musical Santa Icía 2010 do Conservatorio de Música Profesional de Ourense cun concerto o vindeiro xoves, día 25 de novembro, ás 19:15 h na Sala de Órgano, interpretando un programa no que se inclúen algunhas das Cantigas de Santa María de Afonxo X O Sabio, as Cantigas de Amigo de Martín Códax e unha pequena selección de obras do Renacemento hispano.

Grupo Ars Anterga

Categorías: Xeral Etiquetas: