Timoteo e o ladrón de cancións
Dentro da colección de contos musicais de Agruparte, e pertencente ás novidades do ano 2006, podemos destacar un conto titulado Timoteo e o ladrón de cancións. Este conto, en Castelán, gañou o I Concurso de Contos Musiciais da FOFGC. O autor da música e do texto é José Antonio Esteban Usano. Un conto interesante, con momentos argumentais e musicais ben conseguidos. Por certo, Timoteo toca a gaita e claro, como non forma parte da orquestra sinfónica, a instrumentación que simula unha gaita é o oboe como punteiro e o corno inglés como roncón coa axuda do clarinete para redondear a melodía. Este sería un bo conto para traducilo ao galego e utilizar a gaita galega coa orquestra, cousa que non tería que escandalizar a ninguén.
Novidades discográficas
Lemos en musicaporuntubo a reseña de dous novos discos no panorama galego:”O quiquiriquí“, sobre o Nadal, e “Cartas que veñen e van“, un proxecto que integra a aprendizaxe e o ensino de todas as linguaxes cos contidos da educación infantil e do primeiro ciclo da primaria…
Werner Icking Music Archive
Podemos entrar na lista de compositores do sitio ou nas últimas partituras .
Sarabanda da Suite en Sol menor – Haendel
Esta sarabanda da suite en sol menor de Haendel non é tan famosa como algunha outra, mais amosa que Haendel tiña ben dominada esta forma musical propia das suites barrocas.
Paseo en zorra – Leroy Andersson
Vai chegando o frío, case que xa vén sendo hora, o Nadal… e Leroy Andersson ten unha obra alusiva á neve e a un paseo en zorra, tirada por un cabalo. Música simpática, fermosa, desenfadada e agradable, ademais, sonoramente moi descritiva.
O mestre invita a un concerto
O estupendo director de orquestra, Leonard Berstein, creou escola cos seus concertos didácticos. Este libro, da Editorial Siruela, recolle o guión de 15 deles, moi interesantes, que son camiño para escomezar con bo pé na divulgación musical para os xóvenes.