Terra e Alma – Moisés Quintas

Moisés Quintas, mestre, músico, compositor, pedagogo musical, vén de publicar na Editorial Canela, un libro-disco, trilingüe, titulado Terra e Alma.

A publicación está centrada nos Alalás, eses cantos ancentrais homófonos, de temática amorosa en todos os sensos do termo, de ámbito melódico máis ben reducido, con variedade modal (maiores, menores, eclesiásticos…) e cunha melodía flexible ritmicamente, doce e con melancolía.

O libro consta dun estudo sobre o alalá cun interesante resume final e partituras das músicas interpretadas no disco adxunto. Con cada partitura ofrécese unha fermosa fotografía relacionada, realizada polo fotógrafo Carlos Valcárcel Gay.

No disco podemos disfrutar de gravacións instrumentais (guitarra, zanfona, gaita, frautas traveseiras, ocarina, pitos de cana e de buxo, frautas de óso e caramela…) de 28 alalás tradicionais recollidos ou compostos por diversos autores, mesturados con sons da terra (chuvia, carro, campás, paxaros, río, sons propios de traballos agrícolas tradicionais…).

Consideramos este novo traballo de Moisés un gran acerto. Por un lado está a idea de relacionar cada alalá cunha fotografía evocadora ou relacionada; por outro, a escolla do branco e negro, que potencia o carácter ancestral; e, por último, a fusión dos sons variados da paisaxe galega coas interpretacións musicais. Tamén temos que salientar a musicalidade das interpretacións, que potencia o carácter sinxelo desta música, pero dunha calidade artística extraordinaria, e que consigue equiparar a expresividade da melodía instrumental á que é propia da voz humana.

Música, son e imaxe que saen da terra e da alma do noso pobo.

Unha pequena mostra:

Trump Effect Sonata – Miguel López

Miguel López estaba a realizar os seus traballos musicais cotiás cando, coa toma de posesión de Donald Trump, ocorréuselle expresar os seus sentimentos ante un acontecemento que presaxiaba unha chea de nubes grises sobre o mundo. Xuntou dous temas para construír o primeiro movemento dunha sonata sobre “o efecto Trump”. O segundo tema é unha modificación maxistral do Himno da Alegría. O primeiro tema, a que vos soa?

Chacona para violín da Partita en re menor BWV 1004 – Bach

A Partita para violín en re menor BWV 1004 de Bach inclúe unha chacona, termo musical relacionado coa arte da variación. É unha peza sobrecolledora, ao parecer composta despois da morte da súa primeira esposa.

Guidon Kremer, cunha interpretación certamente limpa e clara con certo rubato, móstranos a peza para violín:

 

Brahms ideou un estudo para piano para a man esquerda cunha versión desta chacona. O pianista Sergey Kuznetsov marabíllanos con esta magnífica interpretación:

 

Ferruccio Busoni, neno prodixio e pianista virtuoso, quixo aportar o seu gran de area na recreación desta obra e compuxo unha versión a dúas mans para piano da chacona. A pianista Hélène Grimaud intepreta esta peza:

Espartaco e Frixia – Adaxio – Aram Khachaturian

Este famoso, inspirado e fermoso Adagio do ballet Espartaco e Frixia de Aram Khachaturian vai ser o protagonista da audición destes días. Imos disfrutar de tres versións:

Orquestral – Orquestra Sinfónica da Universidade de Carolina do Norte:

Piano e orquestra – Boris Berezovsky (piano); Russian Philharmonic e Fabio Mastrangelo como director:

Ballet – Con Carlos Acosta e Nina Kaptsova:

Concerto de primavera: órgano e quinteto de metais

PROGRAMA:

60º ANIVERSARIO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MUSICA DE OURENSE

CONCIERTO DE QUINTETO DE METAIS E ÓRGANO, en colaboración coa Asociación Cultural Amigos do Órgano Un rato no tubo.

Profesores:
Rubén Freire Bermúdez. Trompeta
Raúl Álvarez Iglesias Trompeta
Antonio Caneda Zamar. Trombón
Jorge Manuel Fuentes Arce. Trompa
Pablo Doval Golmar. Tuba
Marisol Mendive Zabaldica. Órgano

IGREXA DE SANTA EUFEMIA DO CENTRO.

Luns 6 DE MARZO 2017. 20.15H

Entrada libre

PROGRAMA

D. Sampson (1951)
Allegro: “Fanfare For Canterbury Cathedral”
Quinteto de metais e órgano

J.Haydn (1732-1809)
Concerto No.2 en re maior para trompa e órgano.Hob.VIId:4
Allegro moderato
Jorge Fuentes Arce. Trompa

J.F.Haendel (1685-1759)
Sonata en do maior
Larguetto-allegro-Larguetto-Gavotte-Allegro.
Pablo Doval Golmar. Tuba

G.Torelli (1658-1709)
Concerto en Re Maior
Allegro-Adagio-Allegro
Raúl Álvarez Iglesias. Trompeta

S.Verhelst
A song for Japan
Quinteto de metais e órgano.

G. C. Wagenseil (1715-1777)
Concerto para trombón en mi bemor maior
Adagio-Allegro
Antonio Caneda Zamar. Trombón

A.Arutiunian (1920-2012)
Elegy
Rubén Freire Bermúdez. Trompeta

Gabrielli (1557-1612)
Canzon duodecimi toni. Sacrae Symphoniae, Venice 1597
Andante.
Adaptación para quinteto de metais con órgano.

Danzón nº 2 – A. Márquez

Tempos difíciles estamos a vivir. A música é a linguaxe universal, capaz de unir pobos e persoas diferentes, pero que comparten sentimentos e vivencias. Contra os vellos ou novos muros, MÚSICA.
Unha mostra de fusión cubana e mexicana do compositor mexicano Arturo Márquez…. O director Christian Vasquez e a Orquesta Sinfónica de Galicia regálannos unha fermosa versión desde aquí, nun curruncho da Península Ibérica.