Solfeggio in F – Mozart

A misa en do menor KV 427 de W.A.Mozart é unha xoia musical pola súa inspiración, pola súa fondura, polo seu lirismo e polos momentos brillantes e de extraordinaria beleza que nos brinda. É música, MÚ – SI – CA. Pode ser creente ou non creente, pero esta música de Mozart chegará ao fondo da alma, non lle deixará indiferente, ten o inmenso poder de elevarnos cara un mundo marabilloso de sons e sensacións. Se non a coñecen, anímense a entrar neste fermoso mundo.

Inspirándose nesta misa, concretamente no fermosísimo Kyrie, Mozart compuxo un exercicio de solfexo, que nós brindámoslles en versión para clarinete e fagote, para que distingan claramente a melodía…

XIX Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Xeral

Os días 17, 24 e 31 de agosto, na Colexiata Santa María A Real de Xunqueira de Ambía, Ourense, ás 20,00 horas, con entrada libre, desenvolverase o XIX Ciclo de Órgano e Música Antiga. Este evento está organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía e subvencionado por CajaDuero e a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.
Un ano máis chega ata nós este ciclo tan fermoso e como de costume, cunha grande calidade nos intérpretes. O día 17 de agosto, tocará Carlos Rodríguez Lajo, organista salmantino que representa á nova xeración de organistas. O día 24 de agosto, será a quenda de Juan de la Rubia, o organista máis galardoado da súa xeración e un auténtico mestre da improvisación. O día 30, Soledad Mendive (Órgano), concertista e profesora de Órgano do CMUS de Ourense e Sergio Guarné (trompeta) toca¡rán a dúo e como solistas, aportando variedade ao ciclo.
Esperamos a calorosa resposta do público que, ano a ano, vén respondendo admirablemente ante a calidade dos músicos e da música que soa dentro deste fermoso templo e que ten como protagonista a ese marabilloso órgano ibérico, que recibimos dos nosos antergos e que, entre todos, temos que coñecer, valorar e mantelo nas mellores condicións posibles. Este é, sen dúbida, un dos obxectivos principais deste ciclo.

Fugueta nº 3 – Haendel

Seguindo coa publicación das “Seis Fuguetas” de Haendel, agora imos coa número 3, unha pequena peza en Re Maior con algúns momentos inspirados.

Para descargar a versión en pdf, premer nesta ligazón