Musicanaescola
Música para tod@s
  1. Está aquí:  
  2. Inicio
  3. Música para escuchar

2º Movemento do Concerto nº1 para piano - Brahms

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 22 Marzo 2025
Visitas: 363

Johannes Brahms escribiu dous concertos para piano e orquestra. O primeiro concerto foi composto dezasete anos antes da súa 1ª Sinfonía. A súa xénese demorouse cinco anos xa que a versión definitiva vén da adaptación a orquestra dunha sonata para dous pianos que o compositor tiña no seu caixón.

Os tres movementos deste primeiro concerto son magníficos. O segundo amosa un Brahms íntimo, reflexivo e apaixoado ás veces, tamén resignado...

Amosamos tres vídeos con tres pianistas solventes, auténticos ARTISTAS. Cada un, xunto co correspondente director da orquestra, amosa unha forma diferente de abordar as dificultades técnicas e expresivas: tempos, fraseos, matices, rubatos...

Maurizio Pollini, de quen se cumprirá mañá 23 de marzo o primeiro aniversario do seu pasamento, toca xunto coa Staatskapelle Dresden e Christian Thielemann como director:

Daniel Baremboin interpreta o mesmo movemento acompañado pola Staatskapelle Berlin con Gustavo Dudamel como director:

Kyristian Zimerman coa Berlin Philhamonic Orchstra dirixida por Simon Rattle:

Escoitar estas tres versións e apreciar as súas diferenzas e semellanzas constitúe un excelente exercicio de educación musical.

Zadok The Priest HWV 258 Haendel

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 08 Enero 2025
Visitas: 345

Zadok The Priest é un dos catro himnos compostos por Haendel para a coronación dos reis. É o máis famoso. A estrea foi o 22 de outubro de 1727, na coración do rei George II na Westminster Abbey.

Ten unha estrutura ternaria: unha introdución orquestral (base para o Himno da Champoins League), unha sección central en compás ternario e un final (Good save the King) en compás cuaternario.

Solemnidade, maxestuosidade, grandiosidade... son algúns sentimentos que a música transmite.

Dispoñemos de tres versións:

  1. Les Arts Florissants e alumnado do Departamento de interpretación histórica da Juilliard School 415 de New York baixo a dirección de William Christie.

2.  The English Concert e a orquestra Händelfestspielorchester Halle cos coros MDR Rundfunkchor, Hallenser Madrigalisten, Händelfestspielchor e Chor der Oper Halle dirixidos por Howard Arman.

 

3. Versión para órgano, realizada e interpretada por Richard McVeigh no seu órgano persoal empregando software Hawptwerk e o conxunto de sons do órgano de Saint Martin de Dudelange (Luxemburgo) sampleados pola firma Voxus Organs.

 

Concerto grosso per i New Trolls - Concerto grosso nº 2 - New Trolls

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 27 Diciembre 2024
Visitas: 268

Compostos en 1971 e 1976 son unha mostra do rock progresivo italiano. Virtuosismo a esgalla. Sorpresas...!

Valse da dor - Heitor Villa-Lobos

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 21 Diciembre 2024
Visitas: 310

O compositor de Rio de Janeiro Heitor Villa-Lobos compuxo en 1930 esta peciña para piano titulada Valse da dor, na que se poden apreciar os dous rasgos fundamentais da música deste compositor: o folclore brasileiro e a influenza da tradición clásica europea desa época. Unha obra inspirada e íntima.

Adaxio e fuga en do menor KV 546 - Mozart

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 21 Septiembre 2024
Visitas: 299

É unha práctica común que compositores prolíficos empreguen temas ou obras xa compostas por eles mesmos para elaborar novas pezas musicais.

Mozart empregou a fuga para dous pianos KV 426, tamén en do menor, para engadirlle un adaxio ou introdución e escribir a obra KV 546 para cuarteto de cordas (que tamén pode ser interpretada por unha orquestra de cordas).

O adaxio mostra un tema contrastante en canto a dinámica e textura que vai evolucionando ata chegar a un final tranquilo. A fuga é un prodixo do contrapunto herdeiro do mellor Bach, cun tratamento do tema principal en inversión, amplificación, con estreitos ben definidos e grande densidade na textura.

Esta obra foi transcrita e arranxada para varias formacións e instrumentos:

Para orquestra de cordas - WDR Sinfonieorchester e Jörg Widmann:

Para dous pianos - neste caso amosamos a fuga KV 426 coa partitura:

Para órgano - versión con partitura:

  1. Concerto la menor para violín BWV 1041 - Segundo movemento - J.S.Bach
  2. Transcrición da percusión do sketch de Mr. Bean Invisible Drum Kit
  3. Sonatina - Antón García Abril
  4. Sinfonía Simple - Benjamin Britten

Página 2 de 4

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Inicio
  • Noticias
  • Música para escuchar
  • Recursos