Musicanaescola
Música para tod@s
  1. Está aquí:  
  2. Inicio
  3. Música para escuchar

Sinfonía da Cantata BWV 29 de J. S. Bach - Frautas de pico

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 08 Febrero 2026
Visitas: 68

James Howard Young, excelente frautista de pico e experto en realizar adaptacións musicais para esta familia de instrumentos, interpreta todas as frautas nesta versión da Sinfonía da Cantata BWV 29 de J. S. Bach. Stefen Malinovsky realizou esta estupenda animación, moi aproveitable, didacticamente falando, para visualizar alturas, motivos, movementos melódicos e harmónicos...

 

Esta é unha interpretación da partitura orixinal a cargo da Netherlands Bach Society; Leo van Doeselaar, organista; e Jos van Veldhoven na dirección:

 

 

La primavera op 25 - Teresa Carreño

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 16 Enero 2026
Visitas: 62

Teresa Carreño (1857-1913) foi unha pianista, compositora e directora de orquestra venezolana. Unha virtuosa da interpretación que dedicou tempo á composición de obras pianísticas, orquestais, de cámara e vocais. Destacou o seu desempeño como directora de orquestra, unha pioneira naqueles tempos (pouco temos progresado neste ámbito).

Este vals La primavera op 25 podería ser orquestrado e interpretado no concerto que polo aninovo nos ofrece a Orquestra Sinfónica de Viena. 

 

Sinfonía 45 de Haydn - Finale: Presto - Adaxio

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 24 Septiembre 2025
Visitas: 183

A Sinfonía nº 45 de Haydn presenta un Finale cun carácter reivindicativo. A obra foi escrita para o príncipe Nikolaus Estherházy, nunha época na que os músicos permaneceron moito tempo no pazo de verán en Eszterháza. Dado que os músicos querían voltar a casa coa súa familia, Haydn compuxo o último movemento, no adaxio final, de tal xeito que cada músico deixa de tocar, apaga a súa candea e vaise... vanse pouco a pouco ata que ao final só quedan o propio Haydn e o concertino da orquestra tocando coa sordina. A mensaxe foi captada polo príncipe e os músicos puideron, ao rematar o concerto, volver a casa.

Versión de Giovanni Antonini coa agrupación Il Giardino Armonico:

En pé! - Ramón Cabanillas - Juan Pardo

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 23 Julio 2025
Visitas: 410

Juan Pardo, excelente compositor e cantante, puxo música ao poema de Ramón Cabanillas En pé! que apareceu na edición de 1927 do libro Da terra asoballada. A música de Juan Pardo, co arranxo do mestre Eduardo Leiva, responde fielmente á épica do texto e a interpretación do cantante é extraordinaria. Juan Pardo SI que merece xustamente a Medalla de Ouro de Galicia no ano 2023.

¡En pé!

   ¡Irmáns! En pé sereos
a limpa fronte erguida,
   envoltos na brancura
   da luz que cae de riba,
   o corazón aberto
   a toda verba amiga
   e nunha man a fouce
   e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
   ¡cantémo-lo dereito
   á libre nova vida!

   Validos de traidores
   a noite de Frouseira
   á patria escravizaron
   uns reises de Castela.
   Comestas polo tempo
   xa afrouxan as cadeas...
   ¡Irmáns asoballados
   de xentes estranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
E ó pé da enseña da nación galega
   cantémo-lo dereito
   á libertá da Terra!

   ¡Irmáns no amor a Suevia
   de lexendaria historia,
   ¡en pé! ¡En pé dispostos
   a non morrer sen loita!
   ¡O día do Medulio
   con sangue quente e roxa
   mercámo-lo dereito
   á libre, honrada chouza!
¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
   berremos alto e forte:
   “A nosa terra é nosa”.

Unha versión de boa calidade sonora da canción En pé! de Juan Pardo:

Día Mundial do piano - 29 de marzo - Fazil Say

Detalles
Escrito por: admin
Categoría: Música para escuchar
Publicado: 29 Marzo 2025
Visitas: 310

O excelente pianista turco Fazil Say improvisou sobre un tema de Paganini. Sobre este tema xa teñen traballado grandes compositores como Brahms, Listz ou Rachmaninov. Fazil faino con riqueza melódica e rítmica, con bravura e delicadeza, cunha linguaxe do século XX... Esta improvisación é moi completa. Con esta magnífica obra celebramos en Musicanaescola, o Día Mundial do piano.

  1. 2º Movemento do Concerto nº1 para piano - Brahms
  2. Zadok The Priest HWV 258 Haendel
  3. Concerto grosso per i New Trolls - Concerto grosso nº 2 - New Trolls
  4. Valse da dor - Heitor Villa-Lobos

Página 1 de 4

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Inicio
  • Noticias
  • Música para escuchar
  • Recursos