Visitas: 1116

Leon Boëllmann foi un compositor francés que dedicou a meirande parte da súa obra ao órgano. Foi nomeado organista titular da igrexa de San Vicente de Paul, en Paris, e tivo á súa disposición un órgano Cavaillé-Coll.

A obra Heures Mystiques é unha escolma de pequenas pezas para órgano ou harmonio con títulos referidos a momentos da misa nos que o órgano tiña un papel importante: entradas, ofertorios, consagracións, comunións, saídas... Tamén ten versetos.

Ofrecemos o Verseto XX, moi sinxelo.