Falade ben baixo - Panxoliña
- Detalles
- Creado o Luns, 07 Decembro 2009 17:33
- Publicado o Martes, 08 Decembro 2009 00:00
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2483
Falade ben baixo é unha fermosa panxoliña moi agarimosa, case un canto de berce. Nesta partitura fixemos un arranxo para voz solista e órgano.
Prema para ver e escoitar a partitura
A coral Hilarión Eslava posúe no seu repertorio unha versión a catro voces. Esta é a ligazón.
Tamén atopamos unha versión para coro harmonizada por Douglas Brooks-Davies titulada "We'll Speak Very Softly" que chama a atención polo final da melodía, distinto, e polo tratamento harmónico. Aquí está a ligazón ao ficheiro pdf.