Noite de inverno - Delius
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 4605
O compositor Frederick Delius compuxo en 1890 un pequeno poema sinfónico titulado Noite de inverno, unha escoita moi axeitada para estas datas.
Sofía, a vaca que amaba a música
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3235
Este conto, Sofía, a vaca que amaba a música, de Geoffrey de Pennart, é moi fermoso. Conta a historia de Sofía, unha vaca que amaba a música. O amor pola música lévaa ao mellor.
Música con bolsas de lixo
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 4749
Os obxectos da vida cotiá poden converterse en instrumentos musicais. Agora tócalle a quenda ás bolsas de lixo. O feito de poder producir sons diferentes con esteas bolsas permite a creación musical con elas como instrumentos. O grupo Percussí o no amósanos unha composición para bolsas de lixo.
Ou-ou!
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3414
Esta canción de Edgar Willems, moi empregada nos primeiros pasos na sensibilización musical do/a alumno/a, constitúe un modelo de canción con intervalos, a terceira menor descendente. Hai unha relación inconsciente cuantitativa (a terceira) e calitativa (un valor expresivo) en cada intervalo.
Tamén realizamos unha versión para dúas frautas. Partitura en Scorch - Partitura en pdf
Vals nº 3 - Dimitri Shostakovich
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 4300
Dimitri Shostakovich compuxo este fermoso Vals para frauta, clarinete e piano. Unha boa interpretación de Emmanuel Pahud, Paul Meyer e Eric Le Sage.
Page 20 of 23