Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Terra e alma - Moisés Quintas

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 21 Abril 2018 12:27
Última actualización do Sábado, 21 Abril 2018 12:47
Publicado o Sábado, 21 Abril 2018 12:27
Escrito por Administrator
Visitas: 1751

Moisés Quintas, mestre, músico, compositor, pedagogo musical, vén de publicar na Editorial Canela, un libro-disco, trilingüe, titulado Terra e Alma. 

A publicación está centrada nos Alalás, eses cantos ancentrais homófonos, de temática amorosa en todos os sensos do termo, de ámbito melódico máis ben reducido, con variedade modal (maiores, menores, eclesiásticos...) e cunha melodía flexible ritmicamente, doce e con melancolía.

O libro consta dun estudo sobre o alalá cun interesante resume final e partituras das músicas interpretadas no disco adxunto. Con cada partitura ofrécese unha fermosa fotografía relacionada, realizada polo fotógrafo Carlos Valcárcel Gay.

No disco podemos disfrutar de gravacións instrumentais (guitarra, zanfona, gaita, frautas traveseiras, ocarina, pitos de cana e de buxo, frautas de óso e caramela...) de 28 alalás tradicionais recollidos ou compostos por diversos autores, mesturados con sons da terra (chuvia, carro, campás, paxaros, río, sons propios de traballos agrícolas tradicionais...).

Consideramos este novo traballo de Moisés un gran acerto. Por un lado está a idea de relacionar cada alalá cunha fotografía evocadora ou relacionada; por outro, a escolla do branco e negro, que potencia o carácter ancestral; e, por último, a fusión dos sons variados da paisaxe galega coas interpretacións musicais. Tamén temos que salientar a musicalidade das interpretacións, que potencia o carácter sinxelo desta música, pero dunha calidade artística extraordinaria, e que consigue equiparar a expresividade da melodía instrumental á que é propia da voz humana.

Música, son e imaxe que saen da terra e da alma do noso pobo.

Unha pequena mostra:

 

Día de Rosalía

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 24 Febreiro 2018 15:25
Última actualización do Sábado, 24 Febreiro 2018 15:25
Publicado o Sábado, 24 Febreiro 2018 15:25
Escrito por Administrator
Visitas: 3171

Hoxe, 24 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Tal día coma hoxe, hai 181 anos, naceu en Santiago a nosa poeta máis internacional, unha das figuras do Rexurdimento. Coa súa obra, o galego viu a luz, saíu deses Séculos Escuros, e volveu ser unha lingua con produción literaria de gran calidade.

Como contribución nosa a esta conmemoración, propoñemos a escoita de "Campanas de Bastabales", do compositor ourensán Angel Barja, en interpretación da Coral de Ruada dirixida por X.X. Rumbao. Este vídeo é a única mostra que puidemos atopar. Feliz Día de Rosalía.

Elfen Lied-Lillium

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 14 Xaneiro 2018 13:19
Última actualización do Sábado, 14 Abril 2018 13:51
Publicado o Domingo, 14 Xaneiro 2018 13:19
Escrito por Administrator
Visitas: 3139

Yuki Kondo e Kayo Konishi compuxeron Lillium para a serie Elfen Lied, que aparece na intro de cada capítulo. As autoras tomaron textos da Biblia en latín e fixeron unha especie de canto gregoriano modernizado (tonal, sen melismas, con acompañamento musical...) harmonizado ao xeito de Rachmaninof e conseguiron un tema fermoso con moita nostalxia. Aquí teñen dúas versións:

A caixa de música da protagonista toca esta melodía así:

Unha fermosa versión para coro e órgano:

Espartaco e Frixia - Adaxio - Aram Khachaturian

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Martes, 25 Xullo 2017 20:03
Última actualización do Martes, 25 Xullo 2017 20:09
Publicado o Martes, 25 Xullo 2017 20:03
Escrito por Administrator
Visitas: 3264

Este famoso, inspirado e fermoso Adagio do ballet Espartaco e Frixia de Aram Khachaturian vai ser o protagonista da audición destes días. Imos disfrutar de tres versións:

Orquestral - Filharmónica de Berlín -

Piano e orquestra - Boris Berezovsky (piano); Russian Philharmonic e Fabio Mastrangelo como director.

Ballet - Con Carlos Acosta e Nina Kaptsova.

Grandes compositores: J. S. Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 03 Xuño 2017 17:07
Última actualización do Sábado, 03 Xuño 2017 17:07
Publicado o Sábado, 03 Xuño 2017 17:07
Escrito por Administrator
Visitas: 2001

Documental da serie "Grandes compositores" dedicado a J.S.Bach, con son orixinal e subtilulado ao castelán. Moi interesante.

Máis artigos

  1. Invención 13 de Bach
  2. Vals nº 9 D 969
  3. Dous aplicativos en liña para LilyPond
  4. KDE - Minuet

Page 9 of 23

  • Start
  • Prev
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Faleceu Dorothé Schuberth
  • Eco - Acrópole - Fillas de Cassandra
  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.