Abenlied - Joseph Rheinberger
- Detalles
- Creado o Domingo, 17 Febreiro 2019 22:12
- Última actualización do Domingo, 17 Febreiro 2019 22:16
- Publicado o Domingo, 17 Febreiro 2019 22:12
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2945
Joseph Rheinberger (1839-1901) foi un compositor alemán que cultivou case todos os xéneros, pero destaca na música vocal sacra e na música para órgano.
Unha mostra do seu facer como compositor é este Abenlied (Canción da tarde) "Queda connosco, porque xa é tarde o día está case morrendo." (Lc. 24, 29) Hai que salientar a atmosfera sonora creada, propia do solpor, a base de disonancias moi ben dispostas e resoltas e procedementos imitativos.