Maurizio Pollini
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 7
O pianista italiano Maurizio Pollini vén de falecer o pasado 23 de marzo na súa cidade natal de Milán. Un dos mellores pianistas da historia da interpretación do piano cimentou a súa carreira no estudo a conciencia da partitura e á súa interpretación o máis fidedigna á idea do compositor e ao seu momento histórico. Ademais disto, unha formidable técnica. Neste vídeo interpreta a última sonata para piano de Beethoven op 111. Posúe dous movementos: o primeiro, dramático e tenso; o segundo, unha reconciliación ou un adeus...
A Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un Rato no Tubo estrea unha nova páxina web
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 36
A Asociación de Amigos do Órgano Un Rato no Tubo de Ourense vén de actualizar a súa páxina web e un novo enderezo.
O novo enderezo é: https://unratonotubo.org
Faleceu Dorothé Schubarth
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 433
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth vén de falecer o pasado mércores 6 de setembro. Profesora de Harmonía e Contrapunto na Academia de Lucerna, dedicouse a estudar a música popular europea dos Balcáns, Cáucaso, Alemaña e Francia. Nas vacacións de 1978 chegou a Galicia, percorreu o país e rexistrou grabacións de música popular galega durante anos e aplicou a metodoloxía científica da musicoloxía para clasificar, analizar e estudar todo o material recollido. Xunto co filólogo Antón Santamarina, publicaron o Cancioneiro Popular Galego, con sete volumes, que foi financiado pola Fundación Barrié de la Maza.
No ano 2014, a musicóloga doou todos os seus rexistros sonoros ao Museo do Pobo Galego e ao Consello da Cultura Galega, entidades nas que é posible acceder a todo ese material de valor incalculable.
Persoas como Dorothé poñen en valor a calidade da nosa cultura e a nós, tócanos amosar o noso agradecemento polo seu traballo e por ser unha pioneira neste ámbito e espallar o seu traballo.
Eco - Acrópole - Fillas de Cassandra
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1480
Esta interpretación de Fillas de Cassandra é xenial. Nela funden o tema Eco co tema Acrópole. Todo soa auténtico nas voces das dúas solistas, o coro, o piano e a pandeireta. Esa melodía de carácter popular ben arroupada por efectos tímbricos, rítmicos, contrapuntísticos e co tratamento harmónico axeitado lévanos a un mundo sonoro máxico, orixinal, sen medo á monotonía porque sempre hai algunha sorpresa... Excelente traballo!
Page 1 of 23