Category Archives: Recursos

Instrumentos de vento madeira

Grazas a Marián Domínguez, podemos disfrutar e aprender dun xeito entretido os principios sobre os que se constrúen os instrumentos de vento madeira así como as súas características máis importantes. Chama a atención o tí­tulo: De que cor son os ventos.

Máis sobre os instrumentos…

Os profesores e as profesoras do Conservatorio de Puertollano puxéronse mans á obra e realizaronn un traballo multimedia moi interesante, sinxelo e moi práctico sobre os instrumentos e a voz, que se imparten nese centro educativo. Premer na ligazón

Variacións e fuga sobre un tema de Purcell Op 34 – Britten

Benjamin Britten concebiu esta peza orquestral, tamén coñecida como “Guía da orquestra para a mocidade” cun fin didáctico: amosar as familias e cada un dos instrumentos que compoñen a orquestra. Para isto tomou un tema de Henry Purcell e escribiu a partir del unhas variacións e unha fuga.
É unha obra de escoita fundamental para a educación musical da mocidade. Na páxina deste vídeo temos unha axuda para identificar as diferentes familias e instrumentos. A WDR Sinfonieorchester dirixida por Jukka-Pekka Saraste interpreta esta obra:

Mozart por Osvaldo Cavandoli

Nosvemosenelblog amósanos un estupendo ví­deo realizado polo debuxante italiano Osvaldo Cavandoli no que nos ofrece a súa versión da Sonata KV 545 en do maior de W.A.Mozart, nos seus dous primeiros tempos. É unha delicia. Grazas, Marian, polo túa incesante procura de recursos e por compartir os resultados con todos…

A cantata do café – Bach

E seguimos con… Bach. A cantata do café BWV 211 preséntanos unha aria cunha melodía con baixo continuo, soprano e frauta traveseira… É coma se fose un dúo entre a voz e o instrumento de vento madeira.

A marimba e … Bach

A marimba é un instrumento idófono, de percusión, con láminas. É un instrumento de son afinado e polifónico. As súas láminas son de madeira e cada lámina posúe un tubiño afinado na mesma nota que constitúe a caixa de resonancia e amplifica o son.

Neste vídeo, o intérprete toca unha transcrición do Air da Suite nº 3 BWV 1086 de Bach. Nesta interpretación de Rudi Bauer escoitamos unha magní­fica lectura da música de Bach e unha grande musicalidade.

Frauta doce subcontrabaixo

Así coma no órgano, existe un rexistro grave chamado Subbaixo, tamén na familia da frauta doce, pódese contruír e empregar a frauta subcontrabaixo. Vexan o seguinte vídeo no que se presenta este instrumento, afinado a 432, é dicir, case un semitón menos ca a afinación actual, propio da música antiga:

Musicograma da Tocata e fuga en re menor – Bach

Un musicograma animado, baseado sobre todo na altura e na discriminación dos diferentes temas e voces con diferentes cores, aporta unha nova visión a esta partitura: Tocata e fuga en re menor:

Os instrumentos de corda – vídeo

A Comunidade de Madrid editara a finais dos 90 unha serie de vídeos sobre os instrumentos da orquestra. Nos vemos en el blog veñen de publicar na rede para compartir estes vídeos comezando polos instrumentos de corda.

A música antiga española

A música antiga española é un recurso interactivo creado por Juan Carlos de Miguel Sanz destinado a alumnos de ESO e Bacharelato. Está pensado para traballar aspectos coma os músicos, as formas, os instrumentos, a música, as fontes…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies