Category Archives: Recursos

Musicograma: O valse das flores – Tchaikovsky

Realizado polo alumnado de Maxisterio de Expresión Plástica y Musical da Universidade de Málaga, presentamos este musicograma sobre o Valse das flores, da suite “O Crebanoces“, do compositor ruso Tchaikovsky.

Idade Media Online. Música in taberna

Completo recurso, tipo webquest, sobre a Música na Idade Media, realizado por Miguel Ángel Muñoz Martínez. Con ligazóns a moitos recursos moi interesantes e, por suposto, con actividades para o alumnado.

Mozart, as funcións harmónicas e a sonata 15 para piano

Mozart e as funcións harmónicas é un vídeo no que se mostran as funcións harmónicas no primeiro tempo da Sonata en Do maior de Mozart dun xeito especial… Un vídeo xenial, moi didáctico e orixinal.

O canto do pobo

Os mestres e músicos Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, e Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero” adicáronse entre 1972 e 1998 á recolleita de cantigas populares. O froito deste traballo é O Canto do Pobo, estupendo sitio web onde podemos escoitar as fontes orixinais, ver a letra e a transcrición das partituras.

Son de poetas – Letras Galegas

Agora que se achega a conmemoración das Letras Galegas 2010, que está adicada ao poeta de O Courel, Uxío Novoneyra, a web Son de poetas, recolle unha chea de poemas de escritoras e escritores galegos, musicados por autores tamén galegos. Recurso moi útil para estes días.

Traballando o nome das notas

Os aplicativos en liña para aprender o nome das notas nas diferentes claves son cada vez máis numerosos. Nesta ligazón temos a posibilidade de practicar o nome con son, con diferentes grados de dificultade e diferentes claves.

Un novo instrumento: o Happy Drum

O happy drum é un novo instrumento de percusión cun timbre e unha sonoridade que inunda de sensacións pacíficas a atmosfera onde soa. As melodías que agroman deste instrumento pertencen á escala pentatónica. Pódese tocar con baquetas ou cos dedos e palmas das mans. Semella moi intuitivo tocar e improvisar neste interesante instrumento.

Neste vídeo temos unha demostración do happy drum:

A voz humana e a súa clasificación

Unha páxina moi completa sobre a voz humana con teoría, vídeos explicativos, audicións e vídeos de artistas con diferentes voces podémola atopar nesta páxina La Voz do Departamento de Música do IES Mateo Alemán.

Aquí temos un mapa conceptual sobre a clasificación das voces moi útil e moi ben realizado. Ademais é multimedia, é dicir, incorpora son para poder ilustrar musicalmente os conceptos.


13 Lúas – Asociación de Gaiteiros Galegos

“A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome Trece Lúas. As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Esta é unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena.”
Así é como se presenta este novo traballo da AGG na súa páxina web.
Seguro que ten grande utilidade na escola.
13 Lúas

A máquina de escribir – Un musicograma

A máquina de escribir” é unha popular composición do norteamericano Leroy Anderson. Un musicograma explica unha estructura musical e posibilita o seguemento da partitura. Un posible musicograma desta peza musical atoparano neste vídeo…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies