A horta de Balbina – Uxía Xenlle
Unha canción inclusiva para facer a dieta máis equilibrada comendo máis verduras e legumes naturais e aprender tamén os nomes destes produtos da horta, tan beneficiosos para todos e todas.
Czardas de Vittorio Monti
Sofia Tyurina, saxo soprano, e o pianista Denis Matsuev interpretan as Czardas de Vittorio Monti. Unha rapaza de 9 anos con moita musicalidade na súa sensibilidade musical e moita axilidade nos seus dedos acompañada por unha das primeiras figuras musicais do mundo pianístico.
Momento musical nº 3 – Sergei Rachmaninov
Os Momentos musicais op 16 de Sergei Rachmaninov son un conxunto de seis pezas que cada unha delas pode ser interpretada ailladamente. A número 3 describe un momento de ensoñación. Está en si menor, en compás de catro por catro, e na sección central aparece un stacatto de oitava na man esquerda que muda o ritmo inicial. É unha obra dominada por un fondo sentimento de tristura e resignación. Fermosa!
Neste vídeo está interpretada por Vadim Chaimovich
Balada – Debussy
Unha peza fermosa, unha melodía moi traballada harmonicamente, con sonoridades diferentes… A interpretación de Kathryn Stott é espléndida… A calidade do son, non tanto!
Adaxio do concerto para piano nº 23 – Mozart
A pianista Hélène Grimaud ofrécenos a súa versión do segundo movemento do Concerto nº 23 en la maior k488 nun fermoso vídeo elaborado pola súa discográfica.
Trump Effect Sonata – Miguel López
Miguel López estaba a realizar os seus traballos musicais cotiás cando, coa toma de posesión de Donald Trump, ocorréuselle expresar os seus sentimentos ante un acontecemento que presaxiaba unha chea de nubes grises sobre o mundo. Xuntou dous temas para construír o primeiro movemento dunha sonata sobre “o efecto Trump”. O segundo tema é unha modificación maxistral do Himno da Alegría. O primeiro tema, a que vos soa?
Funcións harmónicas na música de Mozart
Este vídeo que ofrecemos pertence a unha serie que analiza as funcións tonais en obras de Mozart. Empezou co primeiro movemento da sonata para piano K 545:
O estudo evolucionou e atopamos este vídeo, aínda en progreso, sobre o primeiro tempo da sonata K 310.
Chacona para violín da Partita en re menor BWV 1004 – Bach
A Partita para violín en re menor BWV 1004 de Bach inclúe unha chacona, termo musical relacionado coa arte da variación. É unha peza sobrecolledora, ao parecer composta despois da morte da súa primeira esposa.
Guidon Kremer, cunha interpretación certamente limpa e clara con certo rubato, móstranos a peza para violín:
Brahms ideou un estudo para piano para a man esquerda cunha versión desta chacona. O pianista Sergey Kuznetsov marabíllanos con esta magnífica interpretación:
Ferruccio Busoni, neno prodixio e pianista virtuoso, quixo aportar o seu gran de area na recreación desta obra e compuxo unha versión a dúas mans para piano da chacona. A pianista Hélène Grimaud intepreta esta peza:
Espartaco e Frixia – Adaxio – Aram Khachaturian
Este famoso, inspirado e fermoso Adagio do ballet Espartaco e Frixia de Aram Khachaturian vai ser o protagonista da audición destes días. Imos disfrutar de tres versións:
Orquestral – Orquestra Sinfónica da Universidade de Carolina do Norte:
Piano e orquestra – Boris Berezovsky (piano); Russian Philharmonic e Fabio Mastrangelo como director:
Ballet – Con Carlos Acosta e Nina Kaptsova:
Lina Tur: A folía – Sonata para violín de Corelli
A violonista Lina Tur vén de publicar o seu último vídeo cunha versión de A Folía, a Sonata op. 5 nº 12 de Arcangelo Corelli.
O termo folía pode referirse a unha danza que se creou en España (non se sabe se na zona galaico-portuguesa ou en Valencia) ou a un tema musical que segue un esquema harmónico sobre o que se realizan unha serie de varacións.