Galicia, Marcha Triunfal – Marcial del Adalid – Douscentos anos do seu nacemento

Este ano cúmprese o douscentos aniversario do nacemento do pianista e compositor coruñés Marcial del Adalid y Gurréa (1826-1881). Segundo Laura Touriñán, que realizou a súa tese doutoral na USC investigando a vida e obra deste autor, Marcila del Adalid é pioneiro e figura fundamental do Rexurdimento musical. Bebeu das fontes do Romanticismo, do cal foi un introdutor na Península Ibérica. Tamén sentou as bases da melodía lírica galega empregando a música popular galega como base da súa creación, xa empregándoa directamente nas súas obras como utilizando xiros melódicos, ritmos tradicionais e xogos tímbricos propios do noso folclore.

A súa biografía e a súa música está recollida pola RAG neste enderezo.

Como contribución a este conmemoración, Alejo Amoedo interpreta Galicia, Marcha Triunfal.

O cuco no fondo do bosque – Musicograma

Juan Hernández Freixinós realizou un musicograma para “O cuco no fondo do bosque” do “Carnaval dos animais” de Camille Saint-Saëns.

En O mestre de música danlle vida ao musicograma neste vídeo:

A profesora Mª Teresa Hernández explica unha historia baseada nesta audición, empregando e seguindo o mesmo musicograma, ao final do vídeo:

Verseto XX – Horas Místicas – Léon Boëllmann

Léon Boëllmann, organista e compositor francés, foi nomeado organista titular da igrexa de San Vicente de Paul, en Paris, e tivo á súa disposición un órgano Cavaillé-Coll. É famoso pola sensacional Suite Gótica. Ademais doutras obras, compuxo unha serie de pezas curtas para órgano ou harmonio recopiladas no libro Horas Místicas, con títulos referidos a momentos da misa nos que o órgano tiña un papel importante: entradas, ofertorios, consagracións, comuñóns, saídas… Tamén ten versetos. Un destes versetos é o Verseto XX.

Aquí, audio e partitura:

Verseto XX – Horas Místicas – Léon Boëllmann