Sonatina – Antón García Abril
O compositor e profesor Antón García Abril finou o 17 de marzo de 2021 e deixounos unha morea de obras sinfónicas, óperas, música de cámara, para instrumento solista ou sintonías de programas de televisión e bandas sonoras de películas. Foi un compositor que se empapou de todas as vangardas do seu tempo, pero que non renunciou ao pracer e compoñer melodías. Queremos homenaxear a este xenial músico español coa audición da obra para piano “Sonatina”(Alegretto – Arietta – Finale), neste vídeo interpretada maxistralmente pola pianista María Canyigueral, no Auditorio Josep Vider de Girona.
Buddy Bolden Suite – Roberto Somoza
A Buddy Bolden Suite, de Roberto Somoza, interpretada polo Quinteto de metais da OSG, fainos viaxar aos anos vinte do século pasado directamente desde este século da man dunha fermosa e ben pensada e sentida música. Budy Bolden foi un cornetista de Nova Orleans que, a finais do século XIX, andaba a crear un novo estilo de música: o jazz.
Nos catro números desta suite hai momentos esixentes para cada instrumentista e o conxunto resultante é unha música dunha delicadeza exquisita. Parabéns ao compositor, que é un bo coñecedor da música de jazz desa época. Tamén a nosa noraboa aos excelentes intérpretes.
Un pequeno tren de pracer – Rossini – Roberto Prosseda
Rossini, un grande da Música, despois da estrea de Guillermo Tell, xa non compuxo máis música escénica, retirouse. Pero a súa vea compositiva non parou e adicouse a compoñer pequenas pezas de salón, que son verdadeiras xoias, bastante descoñecidas polo público. Desde 1857 ata 1868 compuxo arredor de 150 obras vocais e instrumentais, que non estaban pensadas para a súa publicación. Son obras nas que o compositor está moi inspirado e no que se mostra como precursor de procedementos e técnicas que virían máis tarde no tempo. Son as Péchés de vieillesse (Pecados de vellez) reunidas en catorce álbumes temáticos.
Como mostra, presentamos Un pequeno tren de pracer, música descriptiva e narrativa, interpretada ao piano polo estupendo Roberto Prosseda, nun concerto organizado en 2013 pola Fundación Juan March.
Bransle Simple 4 – Claude Gervaise
Para cuarteto de frautas doces.
Rogelio Groba: un músico universal
O día 1 de xaneiro de 2023 faleceu o prolífico compositor Rogelio Groba, nado en Ponteareas en 1930. Un autor que nos deixa máis de 700 composicións, director de orquestra e profesor de harmonía, contrapunto e composición. Tamén foi director do CS de A Coruña. Con el, a música galega contemporánea adquire unha dimensión universal.
Danza meigas – Rogelio Groba