Monthly Archives: Decembro, 2019

O blog da linguaxe musical de María Quintanilla

O blog de aula de María Quintanilla, El Blog de lenguaje musical, é un moi interesante lugar para coñecer o seu traballo e o do seu alumnado, os materiais que crea e as actividades nas que participa.

Vals nº 13 – D 969 – Schubert


Vals nº 13 by musiescola

Czardas de Vittorio Monti

Sofia Tyurina, saxo soprano, e o pianista Denis Matsuev interpretan as Czardas de Vittorio Monti. Unha rapaza de 9 anos con moita musicalidade na súa sensibilidade musical e moita axilidade nos seus dedos acompañada por unha das primeiras figuras musicais do mundo pianístico.

Momento musical nº 3 – Sergei Rachmaninov

Os Momentos musicais op 16 de Sergei Rachmaninov son un conxunto de seis pezas que cada unha delas pode ser interpretada ailladamente. A número 3 describe un momento de ensoñación. Está en si menor, en compás de catro por catro, e na sección central aparece un stacatto de oitava na man esquerda que muda o ritmo inicial. É unha obra dominada por un fondo sentimento de tristura e resignación. Fermosa!
Neste vídeo está interpretada por Vadim Chaimovich

Balada – Debussy

Unha peza fermosa, unha melodía moi traballada harmonicamente, con sonoridades diferentes… A interpretación de Kathryn Stott é espléndida… A calidade do son, non tanto!

Musicograma Marcha Turca As ruinas de Atenas Beethoven

Adaxio do concerto para piano nº 23 – Mozart

A pianista Hélène Grimaud ofrécenos a súa versión do segundo movemento do Concerto nº 23 en la maior k488 nun fermoso vídeo elaborado pola súa discográfica.