Sarasate, Galicia e… Carlos Núñez
Pablo Sarasate (1844-1904) consagrou a súa vida musical ao violín (foi un dos mellores violinistas de todos os tempos) e á composición. O músico navarro compuxo obras nas que o virtuosismo e a musicalidade son esixencias imprescindibles para os intérpretes.
O zapateado, obra para violín e piano, mostra as características singulares da música de Sarasate. Case todas as técnicas interpretativas neste instrumento están condensadas na obra. No vídeo que propoñemos, o violinista Gil Shaham conxuga unha espectacular técnica e unha musicalidade extraordinaria:
Sarasate, na súa faciana compositiva, prestou moita atención ao folclore de España. Títulos como Xota aragonesa, Serenata andaluza, Zortzico de Iparraguirre… e Muiñeira. Efectivamente, Sarasate non quixo esquecer Galicia e compuxo esta Muiñeira op 32 para violín e piano.
Presentamos neste vídeo a versión con violín e orquestra.
Carlos Núñez realizou unha impresionate versión para frauta que se pode escoitar neste vídeo. É de valorar o grande e espectacular traballo interpretativo do solista:
.
Ourense no solpor – Manuel de Dios
Manuel de Dios compuxo a obra Ourense no solpor, que foi proposto como himno de Ourense. A Banda de Música de Ourense e o coro “Vellos Amigos” interpretan a peza nesta montaxe…
Broma musical – Mnozil Brass
Simpática broma musical a cargo deste grupo de vento metal con final sorprendente…