Daily Archives: Maio 10th, 2012

Album para a xuventude – Schumann

Phil Hézaine, tipografiou o Álbum para a xuventude de Robert Schumann, completo, baixo licenza Arte Libre.

Fixo versións en francés e alemán, con e sen dixitación. Tamén é posible descargar os ficheiros fonte en formato LilyPond. Ofrecémoslles a ligazón ás versións en francés:

Con dixitación

Sen dixitación

Ficheiros fonte

Concerto de Ars Anterga na Igrexa de Fátima – Ourense

O vindeiro martes 15 de maio, Ars Anterga actuará na Igrexa de Fátima en Ourense. O concerto dará comezo ás 20:30 horas, e contará co seguinte programa:

Misterios de amor humano e divino

PRIMEIRO MISTERIO

Fanfarria
Dal mio Permesso…………………………..Claudio Monteverdi

SEGUNDO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 5: Quen as coitas
Cantiga de Santa María nº 94: Como Deus fez……………………..Afonso X O Sabio
Praeludium in E-dur BWV 566………………………………………….J.S. Bach

TERCEIRO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 257: Bem guarda Santa Maria
Cantiga de Santa María nº 328: Sabor a Santa Maria…………………..Afonso X O Sabio
Folle è ben che si crede………………………………………………….Tarquinio Merula

CUARTO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 345: Sempr’a Virgem groriosa
Cantiga de Santa María nº 371: Tanto vay Santa Maria……………….Afonso X O Sabio
Tiento de lleno……………………………………………………………..J.B. Cabanilles*

QUINTO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 10: Rosa das Rosas……………………….Afonso X ?O Sabio
Stella Splendens………………………………………..Anónimo (Llibre Vermell de Montserrat)
Si dolce é il tormento…………………………………………..Claudio Monteverdi

* No 300º Aniversario do seu pasamento.

ARS ANTERGA son:
Irma Fernández Alonso (órgano)
Ilduara Perianes Guitián (soprano)
Juan Manuel Vázquez Vázquez (corda pulsada)

Órgano feito por Amezúa e Cia.
Tiorba feita por Knud Sindt.
Vihuela feita por Asier de Benito Guío.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies