Ave María – Franz Biebl
Esta fermosa páxina coral composta por Franz Biebl (1906-2001) está perfectamente interpretada por este coro feminino Pro Musica Nyíregháza/Hungría, dirixida por Denes Szabo.
As sorprendentes modulacións que a partitura ofrece xunto coa claridade do texto e o bonito diálogo entre as voces fan desta obra unha das máis fermosas deste xénero.
Poden baixar esta partitura, e outras tamén para coro, en formato pdf nesta ligazón.
Ensalada italiana
Os termos propios da linguaxe musical teñen a súa orixe no italiano. Palabras con pizzicato, tenutto, legato, appasionato, piano, con fuoco… aluden a conceptos relacionados coa expresión, coa dinámica, co tempo… Neste vídeo, un coro interpreta unha “Ensalada italiana” de Richard Geene e pode ser un bo exemplo para coñecer eses termos musicais e, o máis importante, o seu significado… Bon proveito!!
Zarabanda en re menor – A. Corelli
A zarabanda, danza antiga de orixe español, escrita en compás ternario e forma binaria, adoita un aire lento e solemne en Italia e Alemaña.
Arcangelo Corelli compuxo esta zarabanda en re menor:
Unha versión reducida para piano e algo simplificada móstrase nesta partitura da mesma zarabanda en re menor
Musicograma: O valse das flores – Tchaikovsky
Realizado polo alumnado de Maxisterio de Expresión Plástica y Musical da Universidade de Málaga, presentamos este musicograma sobre o Valse das flores, da suite “O Crebanoces“, do compositor ruso Tchaikovsky.
10 sitios para descargar de balde efectos de son
Idade Media Online. Música in taberna
Completo recurso, tipo webquest, sobre a Música na Idade Media, realizado por Miguel Ángel Muñoz Martínez. Con ligazóns a moitos recursos moi interesantes e, por suposto, con actividades para o alumnado.
Mozart, as funcións harmónicas e a sonata 15 para piano
Mozart e as funcións harmónicas é un vídeo no que se mostran as funcións harmónicas no primeiro tempo da Sonata en Do maior de Mozart dun xeito especial… Un vídeo xenial, moi didáctico e orixinal.
XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía
No mes de agosto é tradicional a cita co órgano ibérico de Xunqueira de Ambía, Ourense. O XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga, organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía co patrocinio do Xacobeo 2010, programa catro concertos os días 8, 15, 22 e 29 de agosto. Este ano o protagonista absoluto do ciclo é Canco López e o grupo Ars Combinatoria. Temos tamén que salientar o concerto do día 22 a cargo do magnífico organista Jesús Gonzalo quen estamos seguros confeccionará un programa atractivo, variado e divertido para o público.
Poden acceder ao programa premendo nesta ligazón.
MuseScore 0.9.6
Vén de saír a nova versión do editor de partituras multiplataforma, baixo licenza GNU CPL, MuseScore 0.9.6.
- WYSIWYG (o que se ve é o que se obtén), as notas escríbense nunha “partitura virtual”
- Número ilimitado de pentagramas
- Até catro voces por pentagrama
- Inserción de notas doada e rápida con rato, teclado ou MIDI
- Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
- Importa e exporta MusicXml e ficheiros MIDI estándar (SMF)
- Código en plataforma independente, ficheiros binarios accesíbeis para Linux, Mac e Windows
- Disponíbel en 26 linguas
- Licenza GNU GPL