Papel pautado
Un interesante recurso para configurar en liña e descargar e imprimir unha folla de papel pautado, con varias posibilidades, é a característica principal deste sitio chamado BlankSheetMusic.
Un interesante recurso para configurar en liña e descargar e imprimir unha folla de papel pautado, con varias posibilidades, é a característica principal deste sitio chamado BlankSheetMusic.
Un estudo realizado por Manuel Campos Toimil, da Asociación Cultural Os Abrentes, sobre a vida musical no concello de Cerdedo (Pontevedra) vén de publicarse baixo o título As bandas de música de Cerdedo.
Máis información.
A Editorial Kalandraka vén de presentar no Culturgal o libro Na punta do pé, que contén ademais un CD e un DVD coas músicas, as partituras, os esquemas rítmicos e as coreografías, gravadas en vídeo para aprendelas máis doadamente. Este interesante traballo corre a cargo do grupo Pedeslán. A música e as danzas pertencen ao patrimonio galaico-portugués.
Neste vídeo pódense ver detalles do proxecto.
Presentamos un estupendo musicograma realizado por Javier Olivas e Amparo Rueda sobre O cuco no fondo do bosque de O carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns. Está publicado en audioblogmusical.
Frescobaldi é un aplicativo que axuda moito na edición de partituras con LilyPond. Está deseñado para o ambiente de escritorio KDE, que se emprega con Linux, pero que tamén se pode usar con Windows ou MacOS, unha vez instalado previamente o escritorio en cada un deses sistema operativos.
A medida que se vai escribindo o código da partitura, Frescobaldi posibilita a súa visualización inmediata. Tamén facilita a edición coa sintaxe coloreada, o autocompletado de etiquetas, axuda coa plantillas que posúe…
Está traducido, entre outros idomas, a castelán e galego.