Intento de censura no traballo do EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis

O EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis denuncia na súa páxina web un intento de censura por parte dun colectivo que esixe perante o Valedor do Pobo a retirada dun vídeo nunha entrada realizada por unha alumna do centro acerca dun grupo musical que actuou na vila pontevedresa nun festival organizado en 2008 e patrocinado polo Concello, diversas consellerías da Xunta de Galicia e a Radio Galega.

Nós apoiamos ao Equipo de dinamización da lingua galega do centro de Cuntis no seu traballo, na súa postura inicial ante o conflito e na súa decisión de denunciar publicamente os feitos que están a acontecer e que só pretenden desprestixiar o traballo dos docentes e atacar á nosa lingua.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies