Intento de censura no traballo do EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis
O EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis denuncia na súa páxina web un intento de censura por parte dun colectivo que esixe perante o Valedor do Pobo a retirada dun vídeo nunha entrada realizada por unha alumna do centro acerca dun grupo musical que actuou na vila pontevedresa nun festival organizado en 2008 e patrocinado polo Concello, diversas consellerías da Xunta de Galicia e a Radio Galega.
Nós apoiamos ao Equipo de dinamización da lingua galega do centro de Cuntis no seu traballo, na súa postura inicial ante o conflito e na súa decisión de denunciar publicamente os feitos que están a acontecer e que só pretenden desprestixiar o traballo dos docentes e atacar á nosa lingua.
Ave María – Franz Biebl
Esta fermosa páxina coral composta por Franz Biebl (1906-2001) está perfectamente interpretada por este coro feminino Pro Musica Nyíregháza/Hungría, dirixida por Denes Szabo.
As sorprendentes modulacións que a partitura ofrece xunto coa claridade do texto e o bonito diálogo entre as voces fan desta obra unha das máis fermosas deste xénero.
Poden baixar esta partitura, e outras tamén para coro, en formato pdf nesta ligazón.
Ensalada italiana
Os termos propios da linguaxe musical teñen a súa orixe no italiano. Palabras con pizzicato, tenutto, legato, appasionato, piano, con fuoco… aluden a conceptos relacionados coa expresión, coa dinámica, co tempo… Neste vídeo, un coro interpreta unha “Ensalada italiana” de Richard Geene e pode ser un bo exemplo para coñecer eses termos musicais e, o máis importante, o seu significado… Bon proveito!!
Zarabanda en re menor – A. Corelli
A zarabanda, danza antiga de orixe español, escrita en compás ternario e forma binaria, adoita un aire lento e solemne en Italia e Alemaña.
Arcangelo Corelli compuxo esta zarabanda en re menor:
Unha versión reducida para piano e algo simplificada móstrase nesta partitura da mesma zarabanda en re menor