Fuga en sol menor de Frescobaldi

Frescobaldi… En versión para piano, interpretada por Ariel Langy. Non é unha interpretación histórica, porque tampouco o piano era un instrumento desa época. Pero, déixanos coa boca aberta este cativo…

A música A do Tetris

O Tetris, un xogo de tetraminós moi popular inventado polo inxeñeiro soviético Pázhitnov, posúe varias músicas. A máis popular é a chamada Música A, inspirada nunha canción rusa titulada Korobéiniki, que se pode escoitar neste vídeo.



Nestoutro vídeo podemos escoitar unha versión da mesma melodía… con botellas:

Cantigas de Alfonso X O Sabio

As Cantigas de Alfonso X O Sabio constitúen unha fonte inesgotable para coñecer os valores,os costumes, a música e os instrumentos da Idade Media na Península Ibérica. A páxina web que recomendamos está aínda en construción, pero aporta información gráfica e sonora de alta calidade coa súa selección de cantigas, que veñen en versión orixinal e traducida así como cun ficheiro midi como música e un gráfico do libro ou unha galería de instrumentos co seu gravado e unha pequena descrición de cada un.

O inverno – Vivaldi

Polas Candeas (o día 2 de febreiro) o inverno está na súa metada. Como hoxe estivo despexado e xeou, semella que imos ter máis inverno… No Telexornal informan que a famosa marmota no “Día da marmota” predixo seis semanas máis de inverno por aquelas terras americanas. Hai que ter en conta que o mamífero en cuestión ten unha porcentaxe de acerto do 20%…
Sexa coma fose, sempre nos queda Vivaldi… co primeiro movemento do Concerto para violín O Inverno de As catro estacións.