Yearly Archives: 2010

Papel pautado

Un interesante recurso para configurar en liña e descargar e imprimir unha folla de papel pautado, con varias posibilidades, é a característica principal deste sitio chamado BlankSheetMusic.

A vida musical en Cerdedo (Pontevedra) entre 1850-1950

Un estudo realizado por Manuel Campos Toimil, da Asociación Cultural Os Abrentes, sobre a vida musical no concello de Cerdedo (Pontevedra) vén de publicarse baixo o título As bandas de música de Cerdedo.
Máis información.

Na punta do pé – Pedeslán

A Editorial Kalandraka vén de presentar no Culturgal o libro Na punta do pé, que contén ademais un CD e un DVD coas músicas, as partituras, os esquemas rítmicos e as coreografías, gravadas en vídeo para aprendelas máis doadamente. Este interesante traballo corre a cargo do grupo Pedeslán. A música e as danzas pertencen ao patrimonio galaico-portugués.

Neste vídeo pódense ver detalles do proxecto.

O cuco no fondo do bosque – musicograma

Presentamos un estupendo musicograma realizado por Javier Olivas e Amparo Rueda sobre O cuco no fondo do bosque de O carnaval dos animais de Camille Saint-Saëns. Está publicado en audioblogmusical.

Frescobaldi:Lilypond para KDE

Frescobaldi é un aplicativo que axuda moito na edición de partituras con LilyPond. Está deseñado para o ambiente de escritorio KDE, que se emprega con Linux, pero que tamén se pode usar con Windows ou MacOS, unha vez instalado previamente o escritorio en cada un deses sistema operativos.

A medida que se vai escribindo o código da partitura, Frescobaldi posibilita a súa visualización inmediata. Tamén facilita a edición coa sintaxe coloreada, o autocompletado de etiquetas,  axuda coa plantillas que posúe…

Imaxe de Frescobaldi

Está traducido, entre outros idomas, a castelán e galego.

Linguaxe musical

Interesante aplicativo web que posibilita un repaso dos conceptos máis importantes da linguaxe musical, no referido a figuras musicais, silencios, reguladores e signos de repetición.

Linguaxe musical

Funcionamento dun órgano de tubos

O organista Benantzi Bilbao e José María Berenguer realizaron un estupendo vídeo explicativo sobre o funcionamento dos órganos de tubos. Este vídeo emprégase ao principio dos concertos do festival internacional “Urdaibaiko Organoak Joxe Mari Eguileor”.

Así se contrúe un violín

O proceso artesanal de construción dun violín amósase neste vídeo…

Así se contrúe un piano de cola

O conto dos silencios

Na biblioteca do CEIP Curros Enríquez de Celanova celebraron o mes da biblioteca realizando un conto en vídeo titulado “O conto dos silencios” de Silvia Pazos e Rodrigo Chao. A realización correu a cargo de Coral Real e Luis Real. Un relato onde se explica o nacemento do silencio na linguaxe musical.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies