Unha das máis grandes pianistas españolas, de sona mundial, Alicia de Larrocha, faleceu este mediodía en Barcelona aos 86 anos. Durante a súa longa carreira de concertista acadou unha linguaxe interpretativa moi persoal dunha grande calidade artística, destacando nas súas versións da música pianística española, en especial da obra de Albéniz. As súas interpretacións da Suite Iberia son unha referencia para calquera pianista mundial que se queira achegar a esta fermosa e dificilísima obra.
Para coñecer mellor a Alicia de Larrocha, poden ler este interesante artigo doutra pianista española, Rosa Torres-Pardo, quen aporta a súa perspectiva como alumna dela.