Pola democracia no software. Pola democracia no idioma
Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis usados como o navegador (Firefox) ou a ofimática (OpenOffice). O Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.
Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.
_________
Nota: esta é unha réplica da nova publicada en ciberirmandade, o luns 13 Xullo 2009, por mor de que A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún. Nova publicada tamén en ciberirmandade.