Monthly Archives: Xullo, 2009

A escala pentatónica, universal.

A escala pentatónica, formada por cinco sons na que se eliminan os semitóns, ten un poder educativo musical excelente. Varios sistemas pedagóxicos Orff, Kodaly, Wuytack téñena coma base do desenvolvemento melódico e das actividades de improvisación, harmonización e de acompañamento harmónico-rítmico.
Bobby McFerrin realiza un experimento co público asistente a un congreso de neurociencia. Toda a súa actuación é moi reveladora desde o punto de vista didáctico. Cando se senta comenta…”O que me resulta máis interesante disto é que non importa onde estea, onde sexa, todas as audiencias o entenden… Non importa onde… É a escala pentatónica…

Pola democracia no software. Pola democracia no idioma

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis usados como o navegador (Firefox) ou a ofimática (OpenOffice). O Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.

_________

Nota: esta é unha réplica da nova publicada en ciberirmandade, o luns 13 Xullo 2009, por mor de que A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún. Nova publicada tamén en ciberirmandade.

VLC-1.0.0

Veñen de publicar a versión final do reprodutor multimedia de código aberto VLC-1.0.0. É compatible con moitos formatos de audio e vídeo. Ofrece moi boa calidade. Está dispoñible para Linux, MacOSX e Windows. Pódese descargar nesta ligazón.

Michael Jackson

Cando un músico morre, non morre de todo, quédanos a súa obra. Michael Jackson, un músico pop metido no mundo das notas desde pequeno, acaba de falecer e onte foi a súa emotiva e espectacular despedida. A pesares das luces e sombras da súa vida, quédanos a súa música. O seus vídeos eran impactantes e innovadores desde o punto de vista visual. A música pop evolucionou coa súa obra.

Heal the world é un fermoso tema, neste vídeo coa súa letra para poder cantala…

Outro exemplo da súa música e do carácter espectacular dos seus vídeos. Estamos a falar do ano 1991: Black or White

A Chloris – Reynaldo Hahn

Unha melodía sinxela e emotiva cun acompañamento ao estilo barroco soan nesta peza Á Chloris composta polo músico nado en Venezuela pero con formación francesa Reynaldo Hahn. A voz de Susan Graham móstrase no seu grande esplendor. Que fermosa voz e que grande cantante é!

Variacións Goldberg – Variación 1 – Bach

As Variacións Goldberg é unha obra que todo concertista de instrumento de tecla debería afrontar ao longo da súa carreira. Hai moitas versións e interpretacións.

Ofrecemos a partitura da Variación 1

Bagatela nº 11 op. 119 – Beethoven

As Bagatelas son coleccións de pezas breves para piano onde Beethoven amosa a súa imaxinación e, nalgúns casos, semellan ser experimentos para novas obras máis longa e importantes.

Bagatela op 119 – nº 11 – Beethoven by musiescola

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies