Proxecto Galicia XXI

  • Autor da entrada:
  • Categoría da entrada:Xeral

O Proxecto Galicia XXI ten como obxectivos recopilar a música de compositores galegos de todos os tempos para a formación frauta traveseira-piano e traballar moi preto dos compositores vivos para beber da rica fonte do autor para darlle á obra unha interpretación o máis fiel posible á idea orixinal. Outra das finalidades do grupo é seren un incentivo para a creación de música contemporánea para frauta e piano. O proxecto está desenvolvido polos músicos galegos Luis Soto (frauta traveseira) e Diego García (piano).
Saudamos e queremos dar o noso apoio a esta interesante e útil iniciativa no eido musical galego. Máis información nesta ligazón.

O humor na música – Víctor Borge

Víctor Borge foi un pianista e comediante danés que desenvolveu gran parte da súa carreira musical e artística en EEUU. Neno prodixio, combinou a súa faceta concertística co humor e realizou actuacións verdadeiramente cheas de bo e fino humor, unha forma moi axeitada de difundir a música clásica.
Vexan unha proba disto neste vídeo, coa famosa Rapsodia húngara nº2 de Listz:

Curso de edición de partituras con MuseScore en Linux Musical

MuseScore é un editor de partituras de balde para linux e windows do que xa falamos hai un tempiño. O programa vai madurando e na próxima versión 0.9.5 aparecerán novidades sorprendentes…
A versión 0.9.4 permite crear partituras con boa calidade… En Linux Musical ofrécennos un curso de edición de partituras empregando MuseScore…

Sonata k 141 Scarlatti

Hoxe é o Día Europeo da Música. No blogue Musicanaescola festexámolo facendo un exercicio de comparación interpretativa. Ademais, os protagonistas son Domenico Scarlatti e a pianista Martha Argerich.
Unha sonata de Scarlatti é unha delicia. Ademais de posuír unha forma musical propia, a sonata bipartita, dous temas que se repiten, esixe un grande virtuosismo e, sobre todo, musicalidade. A influencia da música española da época nótase en bastantes das sonatas de Scarlatti.
Traemos dous exemplos desta Sonata K141 en re menor, interpretados por Martha Argerich, en dúas épocas distintas da súa vida. Aprecian as diferenzas musicais? Interesante exercicio…


Pasou o tempo…

OOoLilypond 0.4.0

Veñen de actualizar o complemento para OpenOffice, OOoLilypond na súa versión 0.4.0, que permite introducir partituras en documentos de texto editados con este gran procesador de texto libre e de balde.

A páxina de axuda xa está traducida ao castelán gracias a Francisco Vila.