Contos para ler… e cantar

Agora que pasou o Día do Libro e que para o mes chegan as Letras Galegas, traemos unha referencia ao traballo de Susa Herrera coa colaboura de Mamá Cabra. Acaba de saír unha nova publicación froito deste traballo: Todos os animais ao caixón da editorial PrimeraPersona. A idea é, a partir dun conto con magníficas ilustracións, aprender unha canción relacionada con el. Con isto preténdese o fomento da lectura así coma a educación musical do alumnado máis cativo. Unha mostra podería ser esta, titulada Un peixe moi divertido:

A máquina de escribir – Un musicograma

A máquina de escribir” é unha popular composición do norteamericano Leroy Anderson. Un musicograma explica unha estructura musical e posibilita o seguemento da partitura. Un posible musicograma desta peza musical atoparano neste vídeo…

Parodia…

Doodley Moore foi un bo actor cómico ademais dun pianista cun grande nivel técnico… Non o sabían? Temos visto algunha película na que toca o piano con bastante solvencia. Tamén realizou parodias musicais. É salientable unha que creou baseándose no estilo de Beethoven nas súas sonatas. Non se lle ocorreu outra cousa que utilizar como tema o da película “A ponte sobre o río Kwai”, en modo menor, para desplegar todo un arsenal de recursos utilizados polo compositor alemán e amosarnos a todos que ao piano ten calidade suficiente como para deixarnos sorprendidos…
A comprobarlo…!