Monthly Archives: Maio, 2008

Debaixo da figueira – Migallas – Pelo Gato 24

Pelo Gato 24 é un novo disco da Asociación de Gaiteiros Galegos para fomentar o canto en galego nas escolas e pór en valor os xogos populares.
Con letra e música do cancioneiro E. Torner e Bal y Gay, o grupo Migallas, interpreta Debaixo da figueira, unha canción con letra acumulativa, tan interesante para traballar a asociación lóxica, a memoria e a coordinación.

Paisaxes sonoras…

A paisaxe que nos rodea tamén pode ser sonora. Os centos de sons que nos envolven dannos información sobre o noso contorno e os que oímos a cotío convértense en algo tan próximo que cando nos faltan botámolos de menos. Tamén, ao chegaren a un novo lugar, sorprendémonos moitas veces da paisaxe sonora que escoitamos.

Galicia ten paisaxes sonoras peculiares, coma calquera outro lugar. Nesta web poden atopar e recoñecer algunhas:
www.escoitar.org.

Un xogo de mans: Batom

Seguimos cos vídeos de aló do Atlántico. Neste, poden observar variantes sobre un xogo de mans, que se poden aplicar aos xogos de mans que as nosas rapazas (e rapaces) desenvolven nos recreos e tempos de lecer. Xa saben que isto dos xogos vai por temporadas: a temporada das canicas, dos xogos de mans, da corda, da goma …
Batom

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies