Monthly Archives: Febreiro, 2008

Sibelius 5.1 en castelán…

Si, desde logo, unha estupenda sorpresa. Sibelius 3 foi a última versión deste estupendo editor de partituras que se traduciu oficialmente ao Castelán. Agora, nunha mostra de apoio á comunidade hispana, aparece xa a versión Sibelius 5.1 en Castelán. Noroboa!

Obras Mestras de Música – Biblioteca Nacional

A Biblioteca Nacional pon a disposición de todos unha serie de obras mestras dixitalizadas, a biblioteca dixital hispánica, para poder ver en liña. Entre as Obras Mestras da Música atópase o libro “Libro de Música para tecla, arpa y vihuela” de Antonio de Cabezón, no que se pode admirar a arte do cifrado.

Como se fabrica unha frauta de pico…

Neste vídeo, en inglés, amósasenos a forma de construir unha frauta de pico. As imaxes son moi descritivas e compréndese perfectamente o proceso e as súas fases.

O inverno – Vivaldi – 2º Movemento

Itzhak Perlman interpreta o Largo do Concerto para violín O Inverno de Antonio Vivaldi.

iAnalyse – Análise para MacOS

iAnalyse é un programa de axuda para a análise musical, dispoñible para MacOS 10.5 Leopard. Permite sincronizar un ficheiro de audio cun conxunto de imaxes, por exemplo, unha partitura e facer anotacións sobre ela para resaltar motivos, estructuras como frases, temas, suxeitos… Pódese crear, ademais, un vídeo coa análise realizada.

Como se fabrica un clarinete?

Neste ví­deo amósase o proceso de fabricación dun clarinete na casa Buffet, unha casa con moita sona. De paso, é posible escoitar unha obra do xénero concertante, moi famosa, para este instrumento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies