Monthly Archives: Setembro, 2007

A ópera-ballet de Rameau

Rameau é un dos grandes do Barroco Francés. O seu traballo teórico (sistematizou a harmonía da súa época e comezou dentro dos acordes coas súas inversións), como clavecinista (xunto con Couperin, os dous grandes) e, sobre todo, no terreo da ópera, a ópera-ballet ata chegar á comedia-ballet, fan del unha figura senlleira e única.

Onte puidemos disfrutar da comedia-ballet “Les Paladins“, en MezzoTv, que pasan por Digital+ (por certo, unha marabilla de canle). Pasei un tempo totalmente evadido do mundo escoitando a beleza da música, unha música que soa a popular pero sen ter esa orixe, unha música viva, unha música que che pon en movemento dada a súa riqueza e viveza rítmica e contemplando unha posta en escea áxil, divertida, moderna, que tira partido das novas tecnoloxías, unhas danzas actuais pero con aires da época… Unha realización e un espectáculo completo. ¡Grazas, Mezzo TV!

Solfeggietto – Carl Phillip Manuel Bach

Carl Phillip Manuel Bach é, posiblemente, o mellor músico da descendencia do xenial J.S.Bach. Xa case dentro do período Clásico, as súas obras semellan unha ponte entre o estilo do Barroco e o novo Clasicismo.

Ofrecemoslles a partitura da obra para piano titulada Solfeggietto .

Os instrumentos de corda – vídeo

A Comunidade de Madrid editara a finais dos 90 unha serie de vídeos sobre os instrumentos da orquestra. Nos vemos en el blog veñen de publicar na rede para compartir estes vídeos comezando polos instrumentos de corda.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies