Monthly Archives: Decembro, 2006

Novidades discográficas

Lemos en musicaporuntubo a reseña de dous novos discos no panorama galego:”O quiquiriquí“, sobre o Nadal, e “Cartas que veñen e van“, un proxecto que integra a aprendizaxe e o ensino de todas as linguaxes cos contidos da educación infantil e do primeiro ciclo da primaria…

Werner Icking Music Archive

Werner Icking Music Archive é un sitio onde atopar boas partituras de moitos compositores, en especial, do Renacemento, Barroco e período Clásico.

Podemos entrar na lista de compositores do sitio ou nas últimas partituras .

Sarabanda da Suite en Sol menor – Haendel

Esta sarabanda da suite en sol menor de Haendel non é tan famosa como algunha outra, mais amosa que Haendel tiña ben dominada esta forma musical propia das suites barrocas.

Paseo en zorra – Leroy Andersson

Vai chegando o frío, case que xa vén sendo hora, o Nadal… e Leroy Andersson ten unha obra alusiva á neve e a un paseo en zorra, tirada por un cabalo. Música simpática, fermosa, desenfadada e agradable, ademais, sonoramente moi descritiva.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teña mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema na ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies