Elfen Lied-Lillium
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3482
Yuki Kondo e Kayo Konishi compuxeron Lillium para a serie Elfen Lied, que aparece na intro de cada capítulo. As autoras tomaron textos da Biblia en latín e fixeron unha especie de canto gregoriano modernizado (tonal, sen melismas, con acompañamento musical...) harmonizado ao xeito de Rachmaninof e conseguiron un tema fermoso con moita nostalxia. Aquí teñen dúas versións:
A caixa de música da protagonista toca esta melodía así:
Unha fermosa versión para coro e órgano:
Espartaco e Frixia - Adaxio - Aram Khachaturian
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3602
Este famoso, inspirado e fermoso Adagio do ballet Espartaco e Frixia de Aram Khachaturian vai ser o protagonista da audición destes días. Imos disfrutar de tres versións:
Orquestral - Filharmónica de Berlín -
Piano e orquestra - Boris Berezovsky (piano); Russian Philharmonic e Fabio Mastrangelo como director.
Ballet - Con Carlos Acosta e Nina Kaptsova.
Grandes compositores: J. S. Bach
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2155
Documental da serie "Grandes compositores" dedicado a J.S.Bach, con son orixinal e subtilulado ao castelán. Moi interesante.
Invención 13 de Bach
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2250
Unha invención de Bach, a dúas voces, a nº 13, moi apropiada nos primeiros cursos de piano para introducirse na interpretación contrapuntística.
Page 10 of 23