Musicanaescola

Música para todos e todas

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

Air da Suite en Re - J. S. Bach

Correo-e Imprimir

Esta famosa peza de J.S.Bach, o Air da Suite para orquestra de cordas en RE (ollo co título do vídeo, que ten un erro), da que xa presentamos un arranxo para órgano neste noso sitio, aparece neste vídeo en forma de partitura e de gráfico musical de xeito que, ademais de gozar da excelente música de Bach, podemos relacionar a escritura musical convencional con outra non convencional pero que representa dun xeito moi intuitivo a duración (coa lonxitude das barras), a altura (coas barras máis arriba ou mías abaixo) e o timbre (coas cores).

Última actualización feita o Sábado, 24 Xullo 2010 10:21
 

Piano virtual

Correo-e Imprimir

Un piano virtual con 4 oitavas, as notas coa nomenclatura inglesa, con todas as tonalidades, cos acordes que se xeran sobre cada grao da escala musical. Moi útil nun encerado dixital para facer exercicios variados de recoñecemento de sons, a escala, as alteracións, as tonalidades, a distribución dos tons e semitons na escala...

Piano virtual

Última actualización feita o Mércores, 14 Xullo 2010 10:21
 

Titorial de Rosegarden

Correo-e Imprimir

Rosegarden é un secuenciador de audio e MIDI, editor de partituras e contorno xeral para a edición e composición musical. É software libre baixo licenza GPL, desenvolvido para GNU/Linux, ALSA e o ambiente de escritorio KDE, aínda que funciona tamén en GNOME.

Imaxe de Rosegarden

Aquí temos ligazóns a un titorial realizado en ABCMúsicos moi útil:

 

Variación IX Nimrod de Variaciones Enigma - Elgar

Correo-e Imprimir

Edward Elgar (1857-1934), violinista e compositor inglés, é moi coñecido polas súas marchas "Pompa e circunstancia" (a primeira é a máis famosa delas), polas súas sinfonías e música orquestral e cancións. Tamén compuxo dous concertos para instrumento solista: o de violín e o de violoncello. Pero a súa obra máis recoñecida é a titulada "Variacións sobre un tema orixinal para orquestra op 36 -Enigma", obra composta en 1899. Orixinalmente para piano, foi orquestrada polo propio compositor. O nome de enigma vén de que cada variación tenta reflectir un emotivo retrato dalgunhas das súas amizades.

Para ilustrar musicalmente esta obra, propoñemos a audición da variación IX, chamada Nimrod, en dúas versións:

  • Versión orixinal, orquestral, pola Sinfónica de Chicago con Daniel Baremboin como director:

  • Versión para órgano, interpretada por Diane Meredith Belcherno órgano do William Jewell College.

Última actualización feita o Domingo, 13 Xuño 2010 10:48
 

MuseScore 0.9.6

Correo-e Imprimir

Vén de saír a nova versión do editor de partituras multiplataforma, baixo licenza GNU CPL, MuseScore 0.9.6.

  • WYSIWYG (o que se ve é o que se obtén), as notas escríbense nunha "partitura virtual"
  • Número ilimitado de pentagramas
  • Até catro voces por pentagrama
  • Inserción de notas doada e rápida con rato, teclado ou MIDI
  • Secuenciador integrado e sintetizador por software FluidSynth
  • Importa e exporta MusicXml e ficheiros MIDI estándar (SMF)
  • Código en plataforma independente, ficheiros binarios accesíbeis para Linux, Mac e Windows
  • Disponíbel en 26 linguas
  • Licenza GNU GPL

Actualización 17-07-2010: Unha nova versión, MuseScore 0.9.6.1, acaba de ser publicada cos seguintes cambios.

Última actualización feita o Domingo, 18 Xullo 2010 10:22
 


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL