Fabricación dun clarinete

Neste vídeo pódese ver o proceso que se segue na casa Buffet para fabricar un clarinete, unha fábrica con moita sona. De paso, é posible escoitar unha obra do xénero concertante moi famosa para este instrumento.